Shiyan
Shiyan, tamén coñecidos como SY, é o nome dunha serie de satélites da República Popular da China adicados a facer diversos experimentos e probar novas tecnoloxías no espazo. Os primeiros SY lanzáronse en 2004.[1]
Shiyan 1 e 2
[editar | editar a fonte]Shiyan 1 e 2 foron os dous primeiros satélites da serie Shiyan en ser lanzados. Os dous engalaron a bordo de foguetes Longa Marcha 2C, o primeiro o 18 de abril de 2004 e o segundo o 18 de novembro do mesmo ano. Tiñan unha masa de 204 kg e levaban un sistema experimental de imaxe dixital capaz de obter imaxes estereográficas da superficie terrestre con usos civís e militares.[2][1]
Shiyan 3 e 4
[editar | editar a fonte]Shiyan 3 e 4 foron lanzados mediante foguetes Longa Marcha 2D o 5 de novembro de 2008 e o 20 de novembro de 2011 respectivamente. Cunha masa de 204 kg, tamén foron adicados a probar un sistema experimental de imaxe dixital.[3][1]
Shiyan 5
[editar | editar a fonte]Shiyan 5 usaba o bus CAST 1000 e foi lanzado mediante un Longa Marcha 2D para facer probas dun sistema de sensores remotos.[4][1]
Shiyan 6 1, 2 e 3
[editar | editar a fonte]Os tres satélites Shiyan 6 foron lanzados entre 2018 e 2021 mediante foguetes CZ-2D e CZ-4B para estudar a contorna espacial, pero non se coñecen máis detalles dos mesmos.[5][1]
Shiyan 7
[editar | editar a fonte]Ás veces referido como Shiyan 7A e Shiyan 7B, Shiyan 7 (tamén denominado Tansuo 7) foi lanzado o 19 de xullo de 2013 mediante un CZ-4C para, unha vez en órbita, despregar un subsatélite (Shiyan 7B). O satélite principal levaba un brazo robótico e ambos satélites fixeron manobras e probas conxuntas, acoplándose e desacoplándose varias veces. A masa conxunta dos satélites era de 204 kg.[6][1]
Shiyan 9
[editar | editar a fonte]Shiyan 9 foi lanzado a bordo do segundo CZ-7A en engalar, o 11 de marzo de 2021, para facer experimentos non determinados.[7][1]
Shiyan 10 1 e 2
[editar | editar a fonte]O primeiro satélite Shiyan 10 foi lanzado nun Longa Marcha 3B o 27 de setembro de 2021. Aparentemente sufriu problemas no seu sistema de enerxía. Un segundo Shiyan 10 foi lanzado no mesmo tipo de foguete o 29 de decembro de 2022.[8][1]
Shiyan 11
[editar | editar a fonte]Shiyan 11 foi lanzado a unha órbita de 489 x 502 km de altura e 97,45° de inclinación orbital o 24 de novembro de 2021 mediante un foguete Kuaizhou 1A.[9][1]
Shiyan 12 1 e 2
[editar | editar a fonte]Shiyan 12 1 e 2 tamén foron coñecidos en conxunto como HOTS (High Orbit Test Satellite) e o seu propósito é descoñecido. Ambos foron lanzados a bordo dun CZ-7A o 23 de decembro de 2021.[10][1]
Shiyan 13
[editar | editar a fonte]Shiyan 13 engalou a bordo dun CZ-2D o 17 de xaneiro de 2022 a unha órbita de 468 x 493 km e 97,44° de inclinación.[11][1]
Shiyan 14
[editar | editar a fonte]Shiyan 14 foi un satélite experimental con fins descoñecidos lanzado a bordo dun Kuaizhou 1A o 24 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 15.[12][1]
Shiyan 15
[editar | editar a fonte]Shiyan 15 foi lanzado no mesmo foguete Kuaizhou 1A que Shiyan 14, aínda que tiñan fins distintos. Está adicado á observación da Terra para mellorar a planificación urbanística, o estudo da superficie e a prevención e mitigación de desastres naturais.[13][1]
Shiyan 16A e 16B
[editar | editar a fonte]Shiyan 16A e 16B foron lanzados cunha misión similar á de Shiyan 15. Engalaron no mesmo foguete CZ-6 o 26 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 17.[14][1]
Shiyan 17
[editar | editar a fonte]Shiyan 17 ten unha misión parecida á de Shiyan 16A, 16B e Shiyan 15 e foi lanzado no mesmo foguete que os dous primeiros.[15][1]
Shiyan 19
[editar | editar a fonte]Shiyan 19 foi lanzado cunha misión experimental descoñecida a bordo dun foguete Longa Marcha 11 o 15 de marzo de 2023.[16][1]
Shiyan 20A, 20B e 20C
[editar | editar a fonte]Os tres satélites Shiyan 20 foron lanzados a órbita cunha misión experimental non especificada. Shiyan 20A e Shiyan 20B engalaron o 12 de decembro de 2022 a bordo dun CZ-4C, mentres que Shiyan 20C fixo o propio o 29 de outubro dese mesmo ano pero a bordo dun CZ-2D.[17][1]
Shiyan 21
[editar | editar a fonte]Shiyan 21 é un satélite experimental con obxectivos non coñecidos lanzado a bordo dun CZ-11 o 16 de decembro de 2022.[18][1]
Shiyan 22A e 22B
[editar | editar a fonte]Os dous satélites Shiyan 22 chegaron a órbita no mesmo foguete CZ-2D o 13 de xaneiro de 2023 coa misión de estudar novas tecnoloxías para estudar a contorna espcial.[19][1]
Shiyan 23
[editar | editar a fonte]Shiyan 23 foi lanzado mediante un foguete CZ-4C o 11 de maio de 2024. Está adicado á monitorización da contorna espacial.[20][1]
Shiyan 24A, 24B, 24C-1, 24C-2 e 24C-3
[editar | editar a fonte]Os cinco satélites Shiyan 24 son demostradores tecnolóxicos lanzados os dous primeiros (Shiyan 24A e 24B) nun Lijian-1 o 7 de xuño de 2023, mentres que os tres últimos o foron nun CZ-11H o 25 de decembro de 2023.[21][1]
Shiyan 25
[editar | editar a fonte]Shiyan 25 foi lanzado a órbita o 20 de xuño de 2023 a bordo dun Longa Marcha 6 para probar novas tecnoloxías de observación da Terra.[22][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] | Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][21][22][20] |
---|---|---|---|
Shiyan 1 | 18 de abril de 2004 | CZ-2C | Éxito |
Shiyan 2 | 18 de novembro de 2004 | CZ-2C | Éxito |
Shiyan 3 | 5 de novembro de 2008 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 4 | 20 de novembro de 2011 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 7A | 19 de xullo de 2013 | CZ-4C | Éxito |
Shiyan 7B | 19 de xullo de 2013 | CZ-4C | Éxito |
Shiyan 5 | 25 de novembro de 2013 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 6 1 | 19 de novembro de 2018 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 6 2 | 4 de xullo de 2020 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 9 | 11 de marzo de 2021 | CZ-7A | Éxito |
Shiyan 6 3 | 8 de abril de 2021 | CZ-4B | Éxito |
Shiyan 10 1 | 27 de setembro de 2021 | CZ-3B | Éxito |
Shiyan 11 | 24 de novembro de 2021 | KZ-1A | Éxito |
Shiyan 12 1 | 23 de decembro de 2021 | CZ-7A | Éxito |
Shiyan 12 2 | 23 de decembro de 2021 | CZ-7A | Éxito |
Shiyan 13 | 17 de xaneiro de 2022 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 14 | 24 de setembro de 2022 | KZ-1A | Éxito |
Shiyan 15 | 24 de setembro de 2022 | KZ-1A | Éxito |
Shiyan 16A | 26 de setembro de 2022 | CZ-6 | Éxito |
Shiyan 16B | 26 de setembro de 2022 | CZ-6 | Éxito |
Shiyan 17 | 26 de setembro de 2022 | CZ-6 | Éxito |
Shiyan 20C | 20 de outubro de 2022 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 20A | 12 de decembro de 2022 | CZ-4C | Éxito |
Shiyan 20B | 12 de decembro de 2022 | CZ-4C | Éxito |
Shiyan 21 | 16 de decembro de 2022 | CZ-11 | Éxito |
Shiyan 10 2 | 29 de decembro de 2022 | CZ-3B | Éxito |
Shiyan 22A | 13 de xaneiro de 2023 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 22B | 13 de xaneiro de 2023 | CZ-2D | Éxito |
Shiyan 19 | 15 de marzo de 2023 | CZ-11 | Éxito |
Shiyan 24A | 7 de xuño de 2023 | Lijian-1 | Éxito |
Shiyan 24AB | 7 de xuño de 2023 | Lijian-1 | Éxito |
Shiyan 25 | 20 de xuño de 2023 | CZ-6 | Éxito |
Shiyan 24C-1 | 25 de decembro de 2023 | CZ-11H | Fallo |
Shiyan 24C-2 | 25 de decembro de 2023 | CZ-11H | Éxito |
Shiyan 24C-3 | 25 de decembro de 2023 | CZ-11H | Éxito |
Shiyan 23 | 11 de maio de 2024 | CZ-4C | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 Mark Wade (2024). "SY 1,2" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 1, 2 (SY 1, 2, TS 1, 2)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 3, 4 (SY 3, 4 / TS 3, 4)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 5 (SY 5)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 6-01, 02, 03 (SY 6-01, 02, 03)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 7A, 7B (SY 7A, 7B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 9 (SY 9)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 10-01, 02" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 11 (SY 11)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 12-01, 02 (SY 12-01, 02)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 13 (SY 13)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 14 (SY 14)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 15 (SY 15)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 16A, 16B (SY 16A, 16B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 17 (SY 17)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 19 (SY 19)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 20A, 20B, 20C (SY 20A, 20B, 20C)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 21 (SY 21)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 22A, 22B (SY 22A, 22B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 23 (SY 23)" (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2024.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 24A, 24B (SY 24A, 24B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 25 (SY 25)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shiyan |