SOS
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
SOS é o sinal de socorro máis utilizado internacionalmente. Comezouse a utilizar a principios do século XX. Foi aprobada durante unha conferencia internacional en Berlín en 1906 para substituír a utilizada ata entón “CQD” nas transmisións telegráficas en Código Morse.
Elixiuse esta representación debido a que podía ser radiada facilmente usando o Código Morse, cunha sucesión de tres pulsos curtos, tres longos e outros tres curtos (), tamén debido á sinxeleza da mesma é menos probable que se perda ou malinterprete por mor das interferencias. En realidade, nin sequera se trata de tres letras separadas (que deben transmitirse como tres pulsos curtos - pausa - tres longos - pausa - tres curtos) senón dun único código continuo.
Significado
[editar | editar a fonte]Posteriormente asociaránselle significados para facilitar a súa memorización.
En inglés:
- Save Our Souls: salven as nosas almas.
- Save Our Ship: salven o noso barco.
- Save or Sucumb: sálvennos ou morremos.
En latín:
- Si Opus Sit: se fose necesario.
En galego:
- Sálvenos ou Socórranos.
- Socorro, Oh Socorro.
- Socorro ou Sucumbo.
- Sálvenos ou Sepúltenos.
- Sálvenos ou Sufriremos.
- Sobrevivir ou Subsistir.
- Solicito Oportuno Socorro.
- Salvamento ou socorrismo.
- Sálvanos Oh Señor.
RMS Titanic
[editar | editar a fonte]Habitualmente pénsase, equivocamente, que a primeira vez que se utilizou o sinal SOS foi no afundimento do RMS Titanic (o 14 de abril de 1912), pero algúns barcos europeos xa fixeron uso dela anteriormente.
O que si é certo é que o accidente do Titanic contribuíu enormemente a súa popularización e fixo que pasara a substituír por completo ao anterior código de socorro, o CQD (que significa: Copy Quality -Chamada Xeral-, e Distress -Problema-).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: SOS |