Saltar ao contido

Ronia, a filla do bandoleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronia, a filla do bandoleiro
Título orixinalRonja Rövardotter
Autor/aAstrid Lindgren
Ilustrador/aMette Ivers
OrixeSuecia
Lingualingua sueca
Tema(s)amizade, natureza e ladrón
Xénero(s)Fantasía, children's fiction e ficción de aventuras
EditorialRabén & Sjögren
Data de pub.outubro de 1981
editar datos en Wikidata ]

Ronia, a filla do bandoleiro é un libro infantil de Astrid Lindgren, publicado en 1981 baixo o título "Ronja Rövardotter" en Suecia. As ilustracións orixinais son de Ilon Wikland. O libro foi traducido a numerosos idiomas e tivo éxito internacional. En galego foi publicado por Sushi Books, un selo de Rinoceronte Editora, traducido por David A. Álvarez Martínez.[1]

Ronia é a filla do xefe dos bandoleiros Mattis e da súa muller Lovis. Crece na fortaleza de Mattis (Mattisborgen). A "fortaleza" resulta ser un castelo abandonado, partido pola metade por un raio que alcanzou o día en que naceu Ronja. Despois do temporal, o castelo é ocupado, en metades opostas, polas bandas rivais de ladróns de Mattis e Borka. Un día, Ronia coñece a Birk Borkason, o fillo do hostil capitán ladrón Borka e a súa esposa Undis. Ronia e Birk fanse amigos, contra a vontade dos seus pais. A medida que o conflito entre os dous clans se intensifica, Ronia e Birk escapan e comezan a vivir xuntos nunha cova do bosque. A ansia de Mattis por recuperar a súa filla lévao a poñerse en contacto con Borka para resolver a rivalidade entre os bandidos. Todo o libro é unha parábola sobre a liberdade de elección na infancia, o afecto (e os conflitos) entre pai e filla, o descubrimento da independencia e o amor, a sabedoría da vida en contacto coa natureza e sobre a tolerancia no seu sentido máis amplo.

Películas e musicais

[editar | editar a fonte]
Ronja in the Forest (musical de Axel Bergstedt)

O libro foi filmado en 1984 con grande éxito por Tage Danielsson para o cine; a película ás veces móstrase na televisión como unha miniserie. Studio Ghibli e Polygon coproduciron unha serie de debuxos animados baseada na novela.[2]

Hai diferentes versións para o teatro. En 1994 estreouse en Szczecin (Polonia) e Hamburgo (Alemaña) o espectáculo de teatro musical "Ronja Räubertochter" do compositor brasileiro Axel Bergstedt con orquestra e máis de cen participantes, en alemán.[3] [4] [5]