Ron Cobb
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1937 Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Morte | 21 de setembro de 2020 (83 anos) Sydney, Australia |
Causa da morte | Lewy body dementia (en) |
Actividade | |
Ocupación | artista visual, artista de banda deseñada, actor de cinema, debuxante de banda deseñada, escenógrafo, director de cinema, realizador |
Descrito pola fonte | Billy Ireland Cartoon Library & Museum biographical files (en) |
Páxina web | roncobb.net |
Ron Cobb, nado nos Ánxeles en 1937, é un debuxante, artista, escritor, deseñador, deseñador de produción e director de cine estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Á idade de 18 anos, sen ningún adestramento formal en ilustración gráfica, Cobb traballou como intercalador de animación para Disney Studios en Burbank, California. De alí pasou a converterse en animador de Sleeping Beauty (1959), que foi o derradeiro filme de Disney en contar con entintado a man.
Despois de que se terminase Sleeping Beauty en 1957, Disney despediu a Cobb e pasou o seguintes tres anos en varios traballos: portador de correo, ensamblador nunha fábrica de portas, asistente de rotulista, ata que foi recrutado en 1960 no exército estadounidense. Durante os dous anos seguintes entregou documentos clasificados ó redor de San Francisco, e despois de asinar por un ano máis para evitar a asignación á infantaría, foi enviado a Vietnam en 1963 como debuxante para o Corpo de Sinais. Tras ser relevado, Cobb comezou a traballar como artista independente, comezando a traballar para Los Angeles Free Press en 1965.
Entre outros proxectos, Cobb deseñou a portada do álbum de 1967 de Jefferson Airplane, After Bathing at Baxter's. Tamén contribuíu nos deseños do filme do culto, Dark Star (1973).
En 1981. apareceu Colorvision, unha monografía de gran formato e cor, que incluía boa parte do seu traballo de deseño paraos filmes de A guerra das galaxias (1977), Alien (1979) e Conan o bárbaro (1982), a primeira longametraxe na que recibiu o crédito de deseñador de produción. Cobb tamén contribuíu no deseño de produción dos filmes The Last Starfighter (1984), Leviathan (1989), Total Recall (1990), True Lies (1994), The 6th Day (2000), Cats & Dogs (2001), Southland Talles (2006), e o filme australiano Garbo, que el mesmo dirixiu. Cobb achegou a historia inicial de Night Skies, unha versión máis temperá e escura de E.T, o extraterrestre. Steven Spielberg ofreceulle a oportunidade de dirixir esta secuela máis aterradora de Encontros na terceira fase ata que xurdiron problemas sobre efectos especiais que requiriron una reescritura importante. Mentres Cobb estaba en España traballando en Conan o bárbaro, Spielberg supervisou unha reescritura máis persoal E.T. the Extra-Terrestrial, e terminou dirixíndoa el mesmo. Cobb máis tarde recibiu algunha participación nos beneficios netos.