Román Rodríguez de Vicente
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1887 Vigo, España |
Morte | 21 de xaneiro de 1928 (40 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | José Rodríguez de Vicente |
Román Rodríguez de Vicente, nado en Vigo o 17 de abril de 1887 e finado en Buenos Aires o 21 de xaneiro de 1928, foi un enxeñeiro e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Román Rodríguez, administrador do Pazo do Conde de Gondomar, en Baiona. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e despois foi enviado a Alemaña onde cursou a carreira de enxeñeiro industrial na Universidade de Dresde, graduándose o 20 de marzo de 1906. Especializouse en electricidade no Instituto Técnico de Henrichen (Saxonia). Emigrou a Buenos Aires en 1907. En 1909 trasladouse ao municipio 25 de Mayo, onde traballou como profesor de física e química da Escola Normal. Afiliouse ao Partido Socialista Argentino en 1912, e foi secretario da xunta executiva da Federación Socialista da provincia de Bos Aires e deputado na mesma provincia (1914-1916). Dirixiu os xornais La Unión e La Acción, e colaborou en La Nación. Colaborou coa colectividade galega desempeñando tarefas na Casa de Galicia de Bos Aires.
En febreiro de 1935 as súas cinzas foron trasladadas a Vigo cumprindo o seu desexo de repousar na súa cidade natal.
Era irmán de José Rodríguez de Vicente.