Rifle (arma)
Rifle es un termo con que se designa xenericamente a calquera arma de fogo longa, como os fusís ou as escopetas, que dispón dun canón cuxa ánima está raiada ou estriada en forma helicoidal.[1]
Con iso se obriga a que a bala xire con movemento de rotación mentres avanza polo interior do canón. Así consíguese que a bala se estabilice e manteña a súa traxectoria inicial fronte ao posíble vento lateral cando atravesa o aire despois do disparo.
Precisamente, este xiro é o responsábel de que, ao chocar a bala contra un branco duro e resistente ao final da súa traxectoria, se deforme producindo un asubío característico tras alterarse a súa forma aerodinámica.
Os rifles úsanse nas forzas armadas e tamén polos cazadores.
Tipos de rifles de caza
[editar | editar a fonte]Nas armerías pódenses atopar infinidade de rifles con estruturas e funcionamentos diferentes sendo os principais: ferrollo, panca, express, monotiro, semiautomáticos e de corredeira.[2]
- Rifles de cerrollo. Son os máis coñecidos e os máis usados. Son recoñecidos por aparecer en centos de filmes e os máis usados polos francotiradores. A acción destes rifles consiste nun ferrollo que se acciona manualmente mediante un movemento de rotación e pulo. Estes rifles, sendo os máis sinxelos no seu mecanismo son tamén os máis precisos.
- Rifles de palanca. Son outros clásico do cinema, esta vez nas película do Far West. No rifle de panca o tirador, cada vez que realiza un disparo e, coa mesma man que aperta o gatillo, acciona cara a abaixo a panca que hai xunto a este, de modo que así se expulsa a vaíña recentemente disparada e se introduce o novo cartucho desde o depósito que se encontra baixo o canón. Son rifles rápidos, contundentes, fiábeis e económicos.
- Rifles express. Son rifles que dispoñen de dos cañones, bien superpuestos o bien paralelos. A súa acción e funcionamento é análogo ao das escopetas de dous caóns, sendo o seu sistema de peche de tipo báscula. A gran vantaxe deste tipo de rifles é que permiten repetir o disparo sen ter que desencararse a arma, polo que son rifles moi efectivos para as monterías sen deixar de seren ademais moi precisos.
- Rifle monotiro. Estes rifles caracterízanse por aloxar só un cartucho de modo que só se pode facer un disparo. O peche é de báscula adoita ser o máis común. Como vantaxes pódese dicir que son rifles moi lixeiros e, además, os seus canóns son intercambiábeis, polo que se pode dispoñer de distintos calibres facendo deste rifle unha arma moi versátil.
- Rifles semiautomáticos. Este tipo de rifles permiten ao cazador realizar varios disparos seguidos accionando só o gatillo da arma. Tras producirse o disparo, o rifle toma parte da enerxía en expulsar a vaíña usada e ingresar un novo cartucho na recámara. Este proceso é automático e así o cazador pode repetir os disparos sen desencararse a arma en ningún momento a cunha rapidez máxima. Ten el mesmo mecanismo que as escopetas semiautomáticas. O número máximo de disparos consecutivos que a lei española permite neste tipo de arma é de tres (un cartucho na recámara e dous no cargador ou depósito).
- Rifles de corredeira. Son rifles similares aos semiautomáticos, sendo o seu ámbito de aplicación e calibres practicamente os mesmos, só que agora o mecanismo de acción se acciona manualmente tras cada disparo deslizando o gardamans que dispón dun mecanismo de corredeira que fai expulsar a vaíña do cartucho recentemente disparado para introducir un novo na recámara. Ao ser este accionamento de tipo manual, a lei non pon restricción en canto ao número de cartuchos que pode aloxar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ rifle no Dicionario da RAG.
- ↑ Sergio Gómez (21 de xullo de 2020). La Razón, ed. "¿Qué rifle elegir para cazar?". Consultado o 23 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rifle |