Richard Aldington
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1892 Portsmouth, Reino Unido |
Morte | 27 de xullo de 1962 (70 anos) Sury-en-Vaux, Francia |
Educación | Universidade de Londres Dover College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Edição (pt) , revista literaria, poesía, biografía, literatura modernista e Prosa |
Ocupación | poeta, biógrafo, militar, crítico literario, escritor, xornalista, novelista, tradutor, editor colaborador |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Rango militar | soldado |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | H.D. (1913–1938) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Олдингтон Ричард) Enciclopedia soviética armenia, volume 12, (p.526) |
Richard Aldington, nado en Portsmouth o 8 de xullo de 1892 e finado en Sury-en-Vaux o 27 de xullo de 1962, foi un escritor inglés coñecido pola súa poesía sobre a primeira guerra mundial e a súa novela Death of a Hero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Londres. Entre 1914 e 1916 foi o editor literario da publicación The Egoist. Serviu na fronte oeste entre 1916 e 1918, nunca se recuperou desta experiencia. A súa poesía pertence á escola imaxinista.
Death of a Hero, publicada en 1929 foi a súa resposta literaria á guerra. En 1942 transladouse aos Estados Unidos e comeza a escribir biografías, a primeira foi sobre o Duque de Wellington (The Duke: Being an Account of the Life & Achievements of Arthur Wellesley, 1st Duke of Wellington, 1943). Seguiu coa de D. H. Lawrence (D.H. Lawrence: An Appreciation, 1950), Robert Louis Stevenson (Portrait of a Rebel, 1957), e T. E. Lawrence (Lawrence of Arabia: A Biographical Inquiry, 1955), traballo foi moi controvertido pola súa crítica a un home considerado un heroe de guerra, tamén escribiu sobre Frederic Mistral (Introduction to Mistral, 1956)