Saltar ao contido

Ricciardo e Zoraide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ricciardo e Zoraide
Ricardo e Zoraida
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFrancesco Berio di Salsa
Fontes literariasRicciardetto (1738) de Niccolò Forteguerri
Estrea3 de decembro de 1818
Teatro da estreaTeatro San Carlo
Lugar da estreaNápoles
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraBiblioteca do Conservatorio de Nápoles
Personaxes

Agorante (tenor)
Zomira (contralto)
Zamorre (tenor)
Elmira (mezzosoprano)
Ircano (baixo)
Zoraide (soprano)
Fatima (mezzosoprano)
Ricciardo (tenor)
Ernesto (tenor)

Ricciardo e Zoraide (en galego Ricardo e Zoraida) é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Francesco Berio di Salsa (quen xa escribira o libreto para Otello de Rossini en 1816) baseado nos cantos XIV e XV do poema épico ''Ricciardetto (1738) de Niccolò Forteguerri. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Carlo de Nápoles o 3 de decembro de 1818.

A ópera, que durante un tempo gozou de boa reputación, agora se encontra totalmente desaparecida do repertorio, en parte a causa da súa complicada trama: foi representada en 1990 no Rossini Opera Festival con June Anderson e William Matteuzzi nos papeis protagonistas, acompañados por Bruce Ford como Agorante, e baixo a dirección de Riccardo Chailly.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 3 de decembro de 1818
(Director: Nicola Festa)
Agorante, rei de Nubia, encaprichado de Zoraide tenor Andrea Nozzari
Zomira, dona de Agorante contralto Benedetta Rosmunda Pisaroni
Zamorre, confidente de Agorante tenor Gaetano Chizzola
Elmira, confidente de Zomira mezzosoprano Raffaella de Bernardis
Ircano, un príncipe nubio baixo Michele Benedetti
Zoraide, filla de Ircano, namorada de Ricciardo soprano Isabella Colbran
Ricciardo, un cabaleiro cristián, namorado de Zoraide tenor Giovanni David
Fatima, confidente de Zoraide mezzosoprano Maria Manzi
Ernesto, amigo de Ricciardo, embaixador do campo cristián tenor Giuseppe Ciccimarra

Argumento

[editar | editar a fonte]

O Rei Nubio Agorante, que está namorado de Zoraide, derrotou a seu pai Ircano e o Capturou. Ricciaro, un cabaleiro cristián e amante de Zoraide, acompaña a un emisario para pedir a súa liberación. A muller celosa de Agorante, Zomira, organiza a captura de Ricciardo así como a trama para facer que os xoves amantes sexan executados para protexer a súa posición como Raíña. A ópera remata cun exército de cabaleiros cristiáns rescatando a Ricciardo e Zoraide. Ricciardo perdoa a vida a Agorante.

Orquestración

[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini require a utilización de:

Gravacións

[editar | editar a fonte]
Ano Elenco:
Agorante, Zoraide, Ricciardo, Zomira
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[1]
1990 Bruce Ford,
June Anderson,
William Matteuzzi.
Gloria Scalchi
Riccardo Chailly, Orquestra do Teatro Comunale di Bologna e Coro Filharmónico de Praga VHS Video: Bel Canto Society
Cat: #619
1995 Bruce Ford,
Nelly Miricioiu,
William Matteuzzi,
Della Jones
David Parry,
Orquestra da Academy of St Martin in the Fields e Geoffrey Mitchell Choir
CD de son: Opera Rara
Cat: ORC 14

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
  • Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3
  • Osborne, Richard, "Ricciardo e Zoraide" in The New Grove Dictionary of Opera, Stanley Sadie (Ed.). (Londres: MacMillan, 1992) ISBN 0-333-73432-7
  • Steen, Michael and Richard Osborne, The Lives and Times of the Great Composers: His Life and Works, Oxford University Press, 2007, pp. 271-278. ISBN 0-19-518129-8

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]