Saltar ao contido

República de Altai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública de Altai
Алтай Республика (alt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoNational Anthem of the Altai Republic (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°55′N 86°55′L / 50.92, 86.92
EstadoRusia Editar o valor en Wikidata
CapitalGorno-Altaisk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación220.934 (2021) Editar o valor en Wikidata (2,38 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
Lingua altai meridional Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie92.903 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación8 de febreiro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAndrei Turchak (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoState Assembly of the Altai Republic (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2RU-AL Editar o valor en Wikidata
Identificador OKTMO84000000 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKATO84 Editar o valor en Wikidata

Páxina webaltai-republic.ru Editar o valor en Wikidata

A República de Altai (en ruso: Республика Алтай, en altai: Алтай Республика) é unha das vinte e unha repúblicas que constitúen a Federación Rusa. A súa capital é Gorno-Altaisk. Atópase na zona sur do país, e ten fronteiras internacionais con Mongolia, China e Casaquistán. Ten unha extensión de 92.600 km². Máis do 87% da súa poboación é de etnia rusa ou altai. Alberga os ríos Katún e Biya, así como o lago Teletskoie. A súa economía é maioritariamente agrícola, cun significativo sector turístico en desenvolvemento.

A República de Altai creouse o 1 de xuño de 1922 como o Óblast Autónomo de Oyrot (Ойротская автономная область), que conformaba o krai de Altai. O nome orixinal desta rexión foi Bazla. O 7 de xaneiro de 1948 pasou a chamarse Óblast Autónomo de Gorno-Altai (Горно-Алтайская автономная область). En 1991 reorganizouse como a República Socialista Soviética Autónoma de Gorno-Altai. En 1992 renomeouse República de Altai.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O seu territorio ocupa unha superficie de 92.600 km², polo que a súa extensión pode compararse coa de Portugal.

Limita ao norte co óblast de Kemerovo, ao nordeste coa República de Khakasia, ao leste coa república de Tuvá, ao sueste con Mongolia (provincia de Bayan-Olgiy), ao sur con China (rexión autónoma de Xinjiang), ao suroeste con Casaquistán (provincia de Shyghys Qazaqstan), e ao noroeste co krai de Altai.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Os seus maiores ríos son o Katún e o Biya, que se orixinan ambos nas montañas e flúen cara ao norte. O seu conxunción crea o río Obi, o maior de Siberia, que desemboca no mar de Kara, que forma parte do océano Ártico. Na rexión atópase así mesmo o lago Teletskoie (Озеро Телецкое), incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco desde 1998.[1] O lago ten unha profundidade máxima de 325 m e é un dos vinte e cinco lagos máis profundos do mundo.[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]

A República de Altai está composta polas seguintes etnias: rusos 57 % (116 510), altais 30,6 % (62 192), casacos 5,97 % (12 108), telengits 1,18 % (2 386), tubalares 0,76 % (1 533), ucraínos 0,71 % (1 437).

Economía

[editar | editar a fonte]

A República de Altai é unha rexión altamente agrícola. Tamén alberga unha industria de produtos alimenticios, metalurxia non ferrosos, produtos químicos, extracción aurífera, calzado, produción leiteira e madeira. O turismo é un sector económico de crecente importancia, e apareceron varios novos hoteis e resorts destinados aos "novos rusos".

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]
Amencer no poboado de Tungur.
  • Cidade estatal: Gorno-Altaisk (Горно-Алтайск)
  • Distritos:
    • Chemalski (Чемальский), con 7 selsovets
    • Choyski (Чойский), con 7 selsovets
    • Kosh-Agachski (Кош-Агачский), con 12 selsovets
    • Mayminski (Майминский), con 7 selsovets
    • Ongudayski (Онгудайский), con 10 selsovets
    • Shebalinski (Шебалинский), con 11 selsovets
    • Turochakski (Турочакский), con 9 selsovets
    • Ulaganski (Улаганский), con 7 selsovets
    • Ust-Kansky (Усть-Канский), con 11 selsovets
    • Ust-Koksinsky (Усть-Коксинский), con 9 selsovets
  1. "Altai - Pearl of Siberia". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2007. Consultado o 30 de novembro de 2006. 
  2. "Altai Reserve". altai-republic.ru. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2007. Consultado o 31-07-2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]