Reino de Libia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
المملكة الليبية (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Bengasi (pt) Trípoli Baida | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.091.830 (1954) (0,62 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Relixión | Islam | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.759.530 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 24 de decembro de 1951 | ||||
Disolución | 1 de setembro de 1969 | ||||
Sucedido por | Era Muammar al-Gaddafi (pt) e Libyan Arab Republic (en) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | ||||
Moeda | Libyan pound (en) | ||||
O Reino de Libia (en árabe: المملكة الليبية, literalmente, o Reino Libio) chamado nun principio o Reino Unido de Libia foi un estado creado tras a independencia de Libia o 24 de decembro de 1951 e disolto tras o golpe de Estado dirixido por Muammar al-Gaddafi o 1 de setembro de 1969, coa derrogación do Rei Idris de Libia establecéndose así a República Árabe Libia.
Historia
[editar | editar a fonte]Trala derrota italiana na segunda guerra mundial, o goberno italiano entregou Libia as Nacións Unidas que repartiron o territorio, Fezzan para Francia e Cirenaica e Tripolitania para o Reino Unido. O 21 de novembro de 1949 a Asemblea Xeral aprobou unha resolución das Nacións Unidas que indicaba que Libia había de ser un estado independente antes de 1952 e así o 24 de decembro de 1951 Libia estableceuse como unha monarquía constitucional co rei Idris como monarca.
Idris as-Senussi, o emir de Tripolitania e Cirenaica e líder da orde Senussi, foi o representante de Libia nas negociacións da ONU, e o 24 de decembro de 1951 declarou a independencia de Libia xunto cos representantes das tres provincias formando unha unión á que chamaron Reino Unido de Libia ofrecéndose Idris as-Senussi como monarca. Conforme a Constitución o novo país tiña un goberno federal con tres estados autónomos membros, A Cirenaica, Tripolitania e Fezza. O reino tiña dúas capitais Trípoli e Bengasi. Dous anos despois da súa independencia, o Reino de Libia uniuse á Liga Árabe.
Tras obter á independencia. Libia enfrontouse a unha serie de problemas, no país non había escolas e o número de graduados universitarios era moi baixo. Así mesmo, no país só había tres avogados e nin un só médico, enxeñeiro, topógrafo ou farmacéutico libio no reino. Estimase tamén que só 250.000 libios sabían ler e escribir. Por mor disto, o Reino Unido presentou unha serie de funcionarios para o persoal do goberno.
En abril de 1955, comezaron as exploracións de petróleo sendo os primeiros campos descubertos en 1959. As primeiras exportacións comezaron en 1963.
O 25 de abril de 1963 o sistema federal libio foi abolido e de acordo con isto o nome do país foi cambiado a Reino de Libia para reflectir os cambios constitucionais.
A monarquía libia chegou ó seu fin o 1 de setembro de 1969 cando un grupo de militares liderados por Muammar al-Gaddafi organizaron un golpe de Estado contra o Rei Idris mentres este estaba en Turquía. Os revolucionarios detiven ó Xefe do Estado Maior do Exército e cabeza da seguridade no. Tras recibir as noticias do golpe, o rei non outorgoulle importancia mentres que o herdeiro anunciaba o seu apoio ó novo réxime.
O rei Idris abdicou o 4 de agosto de 1969, facéndose efectiva a súa renuncia o 2 de setembro en favor do príncipe herdeiro, que fora nomeado rexente tras a partida do rei a Turquía. Tras o derrocamento da monarquía, o país foi renomeado República Árabe Libia.