Rangsang (en indonesio: Pulau Rangsang) é unha illa no estreito de Malaca, preto da costa leste da illa de Sumatra en Indonesia. A súa superficie é de 908 km²,[1] sendo a quinta illa máis grande dunha serie de illas que se atopa fronte á costa de Sumatra, da que está separada por só uns poucos quilómetros. Esta xusto ao norte da illa Tebing Tinggi e ao leste das illas Karimun e Saban no arquipélago Riau. Un buque de guerra da Mariña de Indonesia ten o mesmo nome da illa (KRI Pulau Rangsang). Ten 60 km de longo, e ata 18 km de larga e completamente chá.
Administrativamente, a illa pertence ao distrito de goberno (Kabupaten) Meranti Kepulauan da provincia das illas Riau e componse de dous sub-distritos (Kecamatan) Rangsang e Rangsang Barat con 57.876 habitantes (2007). As dúas cidades principais son Tanjung Samak na costa sueste e Banto no oeste da illa.