Saltar ao contido

Radelchis I de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRadelchis I de Benevento
Nome orixinal(it) Radelchi I
(la) Radelchis I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor en Wikidata
Morte851 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntesoureiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Benevento (839–851) Editar o valor en Wikidata
FillosAdelchis de Benevento, Radelgardo de Benevento Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Benevento-17

Radelchis I (m. 851) foi tesoureiro e despois príncipe de Benevento desde 839, ano no que asumiu o trono tras o asasinato (ocorrido probabelmente baixo a súa propia instigación) do príncipe Sicardo, ata a súa morte. Durante o seu reinado, o principado beneventano perdeu boa parte dos seus territorios, que pasaron a constituír o Principado de Salerno.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo a Chronica Sancti Benedicti Casinensis, Landolfo o Vello, que fora aliado de Sicardo, liberou de prisión ao irmán deste último, Siconolfo, e coa axuda Guaiferio, xefe da familia salernitana dos Dauferidi, conduciuno a Salerno para que fose proclamado príncipe en oposición ao usurpador Radelchis. Coa aclamación de Siconolfo tivo comezo unha guerra civil de máis de dez anos que convulsionou o principado e levou á división en dúas partes do seu vasto territorio, correspondente á chamada Longobardia Minor.

No 841 Radelchis obtén a axuda de mercenarios sarracenos, como fixera había catro anos o duque Andrea II de Nápoles. Ás correrías dos soldados musulmáns, que saquearon a cidade de Capua e obrigaron a Landolfo a fundar unha nova capital nos arredores do outeiro de Triflisco, respondeu Siconolfo, que pagou á súa vez tropas de mercenarios sarracenos para contrarrestar as ofensivas de Radelchis. Os dous príncipes cristiáns e os seus guerreiros musulmáns provocaron por todas partes saqueos e devastacións, gañándose a cólera do rei de Italia Ludovico II. Coroado co-emperador no 850, Ludovico dedicouse enseguida á pacificación dos longobardos do sur de Italia, obrigando a Radelchis e Siconolfo a asinar un acordo de paz no 851. O capitular serviu para ratificar oficialmente, baixo a autoridade do soberano carolinxio, o acordo de principio ao que xa chegaran os dous rivais. Este establecía que o vasto territorio beneventano fose dividido en dúas partes: o principado de Benevento, notabelmente reducido, quedoulle a Radelchis; a Siconolfo foille recoñecido o dominio sobre as restantes rexións, que constituíron o principado de Salerno. Ademais, Ludovico expulsou de Benevento aos guerreiros sarracenos do Emirato de Bari. Tras a división, Radelchis viviu poucos meses e o seu trono foi herdado polo seu fillo Radelgardo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Principado de Benevento

Segue a:
Sicardo de Benevento
Radelchis I de Benevento
Precede a:
Radelgardo de Benevento
-