Saltar ao contido

Róber Bodegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRóber Bodegas

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Roberto Fernández Cancela Editar o valor en Wikidata
23 de xuño de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Carballo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña - enxeñaría ambiental Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, humorista, monologist (en) Traducir, guionista, showman Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -

Páxina webroberbodegas.wordpress.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3086973 BNE: XX4913690 Editar o valor en Wikidata

Roberto Fernández, coñecido como Róber Bodegas, nado en Carballo o 23 de xuño de 1982, é un actor e guionista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar Arquitectura na Universidade da Coruña, e despois do primeiro ciclo continuou a súa formación como interiorista. A comezos da década dos 2000 realizou distintas actuacións de monólogos humorísticos, e gañou o Certame de dramatización de monólogos cómicos no Festival Internacional Outono de Teatro (Carballo) en 2002. Tamén obtivo o premio da Bienal da caricatura de Ourense[1] en 2004.

Fixo diversos cursos con Leo Bassi ou Jango Edwards, en 2005 montou o seu primeiro espectáculo, titulado Un día horrible, e é coautor de Gazapos, obra representada por Manicómicos. En 2007 presentouse ao proceso de selección[2] para o programa de monólogos televisivos El Rey de la Comedia (TVE), competición na que se impuxo como vencedor da primeira edición[3]. A raíz diso estreou o seu segundo espectáculo, Vamos a dejarnos de hostias (2007), e en 2008 o terceiro, El día en el que empecé a odiar los yogures y otras desgracias. En 2008 comeza a traballar como guionista e temporalmente como colaborador para o programa Sé lo que hicisteis..., de La Sexta[4].

Tamén ten intervido no Luar da Televisión de Galicia, en distintos anuncios publicitarios (entre eles unha campaña para Estrella Galicia[5]) ou na emisora de radio Radio Voz. En 2008 estrea tamén unha comedia teatral, Contamos contigo, canda os actores Quico Cadaval, Cándido Pazó e Paula Carballeira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]