Saltar ao contido

Río Guáitara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Guáitara
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaColombia Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónRio Patía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 0°48′42″N 77°53′59″O / 0.8116, -77.8996
1°35′16″N 77°26′47″O / 1.5878, -77.4464
Características
Tamaño158 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica3.713 km² Editar o valor en Wikidata

O Guáitara ou Carchi (denominación en Ecuador), é un río suramericano pertencente á vertente do Pacífico. Ten unha lonxitude de 158 quilómetros de longo, e durante 45 km o seu percorrido sinala a fronteira entre Colombia e Ecuador, até a ponte internacional de Rumichaca. Dende ese punto, xa en chan colombiano, toma o nome de Guáitara.

No seu traxecto, ó socavar a montaña formou a ponte natural de Rumichaca que comunica a Ecuador e Colombia, formando dende este sitio un fondo canón que en territorio colombiano aloxa o santuario de Las Lajas, construído sobre o canón.

Na antigüidade coñecíase como río Pastarán; na conquista dos incas chamouse Ancashmayu (aínda que en debate co nome doutro río), e logo chamouse Guáitara, o seu nome actual en territorio colombiano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]