Saltar ao contido

Río Bandama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Bandama
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaCosta do Marfil Editar o valor en Wikidata
Final
Localizacióngolfo de Guinea Editar o valor en Wikidata
Mapa
 5°08′18″N 4°59′47″O / 5.1383, -4.9964
5°08′18″N 4°59′47″O / 5.138414, -4.99646
Características
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións1.050 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica98.500 km² Editar o valor en Wikidata

O río Bandama é un longo río africano que percorre o centro de Costa do Marfil até desembocar no golfo de Guinea. Fórmase pola confluencia de dous ríos: o Bandama Branco e o Bandama Vermello (de 550 km, e cuxo curso superior é coñecido como Marahoué), sendo o Bandama Branco a rama principal e a que se adoita considerar como simplemente río Bandama, que nace preto da cidade de Korhogo.

É o río máis longo deste país, pois ten uns 1050 km de lonxitude. Hai gran disparidade segundo as fontes, que van desde os 800 km, quizais por considerar só o ramal do Bandama Branco como por non considerar a extensión do lago Kossou. O tramo desde a confluencia de ambos os Bandamas até o mar é de 280 km.[1] Entre os seus afluentes destacan o río Solomougou, o río Kan e o río Nzi. O Bandama atravesa o lago artificial Kossou, formado da presa construída en 1973.

  1. Source book for the inland fishery resources of Africa, Vol. 2., de J.P. Vanden Bossche e G.M. Bernacsek, Publicación da FAO, ISBN 92-5-102984-9. Dispoñible en liña en: Source book for the inland fishery resources of Africa