Saltar ao contido

Pseudomonadales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pseudomonadales

Pseudomonas aeruginosa
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Pseudomonadales
Orla-Jensen, 1921
Familias

Moraxellaceae
Pseudomonadaceae
Propostas pero controvertidas:
Azotobacteraceae
Branhamaceae

Pseudomonadales é unha orde de proteobacterias. Comprende especies quimiorganótrofas e xeralmente móbiles por flaxelos. Como todas as proteobacterias son bacterias gramnegativas. Os xéneros Azomonas e Azotobacter son bacterias fixadoras do nitróxeno de vida libre que pertencen a este grupo. Especies do xénero Pseudomonas son patóxenas de plantas, seres humanos e animais. Moraxella e Acinetobacter poden ser tamén patóxenas.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Na subdivisión en familias das Pseudomonadales non hai un total acordo. A orde subdivídese nas familias Pseudomonadaceae e Moraxellaceae.[1] Nalgunhas clasificacións colócase nesta orde unha terceira familia, as Azotobacteraceae, pero é controvertido, xa que outros asocian os xéneros Azotobacter e Azomonas coas Pseudomonadaceae, nas que formarían, xunto con Azorhizophilus, o grupo Azotobacter. De feito, análises recentes do xenoma non anotado de Azotobacter vinelandii indican que é máis apropiado agrupar esta bacteria coas da familia Pseudomonadaceae.[2] Tamén se propuxo a familia Branhamaceae, na que se acomodarían os xéneros Moraxella e Branhamella (pero hai sinonimias entre eses dous xéneros, polo que non parece apropiado).[3]

A seguinte é unha lista de familias e xéneros:[4]:

Notas e bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Clasificación do NCBI
  2. Rediers H, Vanderleyden J, De Mot R. 2004. Azotobacter vinelandii: a Pseudomonas in disguise? Microbiology. 150Pt 5):1117-9. PMID 15133068.
  3. "LPSN Branhamella". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 10 de agosto de 2013. 
  4. J.P. Euzéby: List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature - Orde Pseudomonadales Arquivado 11 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
  5. LPSN - Branhamella catharralis.[1] Arquivado 04 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Cita:"Nota: Branhamella catarrhalis (Frosch and Kolle 1896) Catlin 1970 (Approved Lists 1980) e Moraxella catarrhalis (Frosch and Kolle 1896) Henriksen and Bøvre 1968 (Approved Lists 1980) teñen a mesma cepa tipo e, por tanto, son sinónimos homotípicos [Regras 24a e 24b (1)]."