Saltar ao contido

Provincia de Chainat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Chainat
จังหวัดชัยนาท (th) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«หลวงปู่ศุขลือชา เขื่อนเจ้าพระยาลือชื่อ นามระบือสวนนก ส้มโอดกขาวแตงกวา» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°11′06″N 100°07′29″L / 15.185, 100.1247
Monarquía constitucionalTailandia Editar o valor en Wikidata
CapitalChainat Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación332.283 (2014) Editar o valor en Wikidata (133,09 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.496,746 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal17 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico056 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2TH-18 Editar o valor en Wikidata

Páxina webchainat.go.th Editar o valor en Wikidata

Chai Nat (en lingua tailandesa: จังหวัดชัยนาท) é unha provincia da Tailandia. A súa capital é a cidade de Chai Nat.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Chai Nat está situado sobre a chaira do val central de Tailandia, no río Chao Phraya. No sur da provincia de Chao Phraya (antes Chai Nat) atópase a presa do río Chao Phraya, tanto para controlar inundacións, así como para desviar a auga no sistema de regado máis grande do país para os cultivos de arroz na parte inferior do río. A presa acabouse de construír no ano 1957 e foi a primeira presa construída en todo o Reino de Tailandia.

Limita coas provincias de, empezando polo norte e seguindo o sentido das agullas do reloxo: Nakhon Sawan, Sing Buri, Suphan Buri e Uthai Thani.

Orixinalmente a cidade principal era Sankhaburi. No reinado do Rei Mongkut (Rama IV), o principal asentamento da provincia estableceu a súa localización actual. Durante as guerras contra os birmanos, foi unha importante base militar, e como todos estes enfrontamentos obtiveron éxito, a cidade obtivo o nome de Chai Nat, que significa lugar de vitoria.

Símbolos

[editar | editar a fonte]
Selo provincial

A selo provincia amosa a roda de Dharma, e detrás desta, represéntase o monte Khao Phlong e o río Chao Phraya. A roda simboliza a fe dos habitantes.

A árbore provincial é a Aegle marmelos, e a flor é a Cassia javanica.

O lema da provincia é: "Venerable Luangpu Suk, renomeada presa de Chao Phraya, famoso Parque dos Paxaros e saboroso Khao Taengkwa Pomelo".

Distritos

[editar | editar a fonte]
Distritos da provincia.

A provincia está subdividida en 6 distritos (amphoes) e 2 subdistritos (king amphoes). Os distritos e subdistritos son divididos á súa vez en 53 comunas (tambons) e estas en 474 poboados (moobans).

Amphoe King Amphoe
  1. Chainat
  2. Manorom
  3. Wat Sing
  1. Sapphaya
  2. Sankhaburi
  3. Hankha
  1. Nong Mamong
  2. Noen Kham