Programa Venera
Datos da misión | |
---|---|
Misión: | Venera (Венера) |
O programa espacial Venera, en ocasións chamado en occidente Venus, ou Venusik (por dexeneración do vocábulo "Sputnik"), foron unha serie de sondas soviéticas a Venus.
Historia e características
[editar | editar a fonte]As sondas enviadas estaban destinadas a facer medidas da atmosfera de Venus e non tiñan ningún sistema especial de aterraxe polo que simplemente impactaron sobre a superficie do planeta tras enviar información durante a súa caída a través da atmosfera de Venus. A sonda Venera 7 foi deseñada para aterrar e estudar a superficie do planeta e fixo unha aterraxe controlada na superficie de Venus en 1970.
As sondas Venera foron as primeiras en entrar na atmosfera doutro planeta, facer unha aterraxe controlado noutro planeta, en enviar imaxes desde a súa superficie e en realizar mapas radar de Venus.
Algunhas sondas da serie Sputnik, Tyazheliy Sputnik e Cosmos eran probas para o programa Venera que ao acabar en fracaso non foron oficialmente incluídas no mesmo. A sonda Zond 1, lanzada en 1964, a pesar de formar nominalmente parte do Programa Zond, era unha nave Venera sen ningunha modificación, e o seu destino tamén era Venus. Tras as sondas Venera, os estudos soviéticos sobre Venus continuaron co Programa Vega, de 1984.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Programa Venera |