Saltar ao contido

Primeira División da LNFS 2011-12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2011-12 da Primeira División da LNFS foi a 23ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa loitaron polo título nas eliminatorias finais, rematando nas mans do FC Barcelona Alusport por 2º ano consecutivo.

Tempada regular

[editar | editar a fonte]

A pesar das posicións acadadas polos equipos, ó remate da tempada producíronse algúns descensos de categoría por razóns económicas, como as de Carnicer Torrejón (7º na liga) e OID Talavera (11º na liga), que acompañaron a Benicarló FS e Reale Cartagena, descendidos polos resultados deportivos.

Eliminatorias polo título

[editar | editar a fonte]

Os cuartos de final e as semifinais disputáronse ó mellor de 3 encontros, mentres que a final disputouse ó mellor de 5 encontros.

Encontro Lobelle Santiago - Azkar Lugo da 8ª xornada de liga.
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 - ElPozo Murcia  2
  8 - Umacon Zaragoza   1  
  1 - ElPozo Murcia   2
    4 - Caja Segovia   1  
  4 - Caja Segovia  2
  5 - Lobelle Santiago  0  
  1 - ElPozo Murcia   2
    2 - Barcelona Alusport   3
  2 - Barcelona Alusport  2
  7 - Carnicer Torrejón  0  
  2 - Barcelona Alusport   2
    3 - Inter Movistar   0  
  3 - Inter Movistar  2
  6 - Triman Navarra  0  


O campión da LNFS foi o Barcelona Alusport, que así sumou o seu segundo título de liga, os dous consecutivos. Con esta vitoria na liga, o club acadou o póker de títulos na tempada 2011-12 despois de ter gañado tamén a UEFA Futsal Cup, a Copa de España e a Copa do Rei.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]