Praestamarcos
Aparencia
(Redirección desde «Praestamáricos»)
Os praestamarcos (latín: Celtici Praestamarici) foron un pobo galaico, situado no convento xurídico lucense. A súa situación corresponde aproximadamente á actual comarca do Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia.
Fontes
[editar | editar a fonte]Pomponio Mela precisa que polas terras destes decorren os ríos Tambre e Sar (de feito é o río Tambre o que lles dá o nome):
Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem.Pomponio Mela, Chorographia Liber III.7.
Plinio o Vello aclara tamén:
No Parroquial suevo aparecen mencionados os praestamarcos, mais xa non como tribo, senón como unha división eclesiástica dependente da de Iria.