Lougueos
Aparencia
Os lougueos (en latín: louguei)[1] eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur que viviu no leste da actual Galicia, na serra dos Ancares, no Bierzo e ao oeste do río Burbia. Eran veciños dos lugones, que habitaban no leste, na actual Asturias.[2]
No Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón consérvase a Tabula Lougeiroum do século I, unha táboa de bronce que foi descuberta en 1983 na serra do Courel e que recolle o acordo asinado entre un representante de Roma e a comunidade dos louguei. Grazas ao contido epigráfico e empregando a datación consular pódese datar con absoluta precisión no ano 1 d.C. tendo en conta que este foi o ano do consulado de Caio César e Lucio Emilio Paulo.[3]
C(aio) Caesare Aug(usti) F(ilio) (et) L(ucio) Aemilio Paullo Co(n) S(ulibus) / Ex Gente Asturum Conventus Arae / August(a)e / Civitas Lougeiorum Hospitium Fecit Cum / C(aio) Asinio Gallo Libereis Posterosque Eius Sibi Libe / Reis Postereisque Suis Patronum Cooptarunt / Isque Eos In Fidem Clientelamque Suam Suo / Rumque Recepit / Egerunt Legati / Silvanus Clouti / Nobbius Andami.Sendo cónsules Caio César, fillo de Augusto, e Lucio Emilio Paulo, a comunidade dos Lougeios, pertencente ao convento de Ara Augusta no pobo dos ástures, fixo un pacto de hospitalidade con Caio Ansio Galo, cos seus fillos e descendentes. Cooptárono a el, aos seus fillos e descendentes como patronos para os seus propios fillos e descendentes. E el recibiunos na amizada e clientela súas e dos seus. Deron fe os legados Silvano, fillo de Clouto, e Napio, fillo de Andamo.[4]Tabula Lougeiroum. Ano 1 d.C. Procedencia descoñecida
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Walbrecht, Donald A. Ad Britannia: First Century Roman Invasion of Britain Book One Ad 23 to 52. Consultado o 14 de xuño de 2020.
- ↑ Smith, David James. Only a Celtic Quarrel. Consultado o 14 de xuño de 2020.
- ↑ Momsen, Theodor (1892). The Chronography of 354 AD. Part 8: Consular feasts from the fall of the kings to AD 354. MGH Chronica Minora I. pp. 50–61.
- ↑ Pereira Menaut, Gerardo (1984). Nueva tabula patronatus del Noroeste de Hispania. Actas del II Coloquio Gallego de Estudios Clásicos.