Pisidia
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Pisidia ou Psidia (latín Psidia ou Pisidia, grego Pisidiké) foi unha rexión de Asia Menor cara o sur-suroeste. Parte historicamente de Panfilia, estaba poboada pola mesma xente.
Límites
[editar | editar a fonte]Os seus límites serían: ao leste a rexión montañosa de Isauria; ao sur, Panfilia; ao oeste, Licia, Caria e Frixia; e ao norte Frixia (a Frixia Parorios).
Montañas
[editar | editar a fonte]O país era montañoso atravesado por ramificacións das montañas do Tauro, pero con algúns vales fértiles e chairas extensamente cultivadas, especialmente con oliveiras.
Os montes que viñan de Frixia (do Cadmo) collían o nome de Sardemiso na beira de Termiso e no distrito de Milias ou de Climax.
Ríos e lagos
[editar | editar a fonte]Nestas montañas nacían os ríos Catarrhactes e Cestrus, que regaban Psidia e Panfilia e desaugaban no mar Mediterráneo polo chamado golfo de Panfilia. Os lagos principais eran o Coralis, o Troxitis (ambos ás veces mencionados como parte de Frixia e de Licaonia), o Pusgusa ou Pungusa (mencionado só en fontes bizantinas) e o gran lago de sal de Ascania (Gran Lago Salgado).
Economía
[editar | editar a fonte]Os principais produtos do país eran o sal, as raíces de iris das que se facían perfumes, e viño, sendo famoso na época clásica o viño de Amblada.
Cidades e distritos
[editar | editar a fonte]As principais cidades serían Antioquía de Pisidia, Sagalassos, Etenna, Termissos, Philomelium, Neapolis, Selge, Tyaricum, Pednelissos, Cibira, Oenoanda, Bubon, Laodicea e Katakekaumene.
Dividíase en diversos distritos dos que se coñecen:
Poboación e lingua
[editar | editar a fonte]A súa poboación foi de etnia frixia indoeuropea (ver Pisidios). A lingua pisidia crese que era de orixe frixia e, polo tanto, sería unha lingua indoeuropea dentro da rama anatólica.
Historia
[editar | editar a fonte]Baixo dominio persa (século -VI), participaron cun continxente na invasión de Grecia por Xerxes; Alexandre o Grande conquistou Sagalassos na súa marcha cara a Persia, pero Termessos fíxolle fronte. Nominalmente parte de Macedonia, despois da morte de Alexandre vai quedar dentro nos dominios de Pérdicas e foi concedida a Eumenes, que nunca a ocupou. Pasou a Antígono o chosco. (-321) ao ser considerada unha parte da satrapía de Frixia, se ben probabelmente só formaban parte dela o norte e noroeste, onde formaba a chamada Frixia Pisídica, mentres que o resto do país debía permanecer independente, e consta que se emitía moeda.
O -301 o país, que seguía de feito independente, pasou aos seléucidas que estableceron algunhas cidades como Seleucia Sídera e dominaron mellor o país, pero só parcialmente, a pesar de que o helenismo fixo moito camiño. Durante a época seléucida os pisidios dedicáronse a faceren correrías polas rexións veciñas.
Derrotado Antíoco III o grande, coa paz de Apamea o país foi asignado ao Reino de Pérgamo (-188), pero permaneceu independente de feito; o -133 o Reino de Pérgamo pasou por testamento en Roma e Psidia quedou dentro da provincia de Asia, e sobre o -125 foi entregada ao reino de Capadocia, que non puido manter o control sobre ela, volvendo pronto a Roma (-102); os romanos tivérona que conquistar e o -88 foi incluído en Cilicia xunto con tres distritos de Frixia (Laodicea, Apamea, e Synnada); outra vez parte da provincia de Asia na metade do século I a.C., sobre o -39 foi doada por Marco Antonio ao seu aliado o tetrarca Amintas de Galacia, ao que encargou de someter aos bandidos coñecidos como homonadenses, que dominaban a zona montañosa e controlaban as comunicacións entre Psidia e Panfilia, pero Amintas morreu na loita e Galacia converteuse en provincia romana incluíndo Psidia; finalmente os homonadenses serían exterminados o ano -3, pero os romanos aínda non puideran establecer ningunha colonia ou manter gornicións e as cidades sometidas simplemente pagaban un imposto, pero conservaban a independencia. Baixo Augusto déronse terras aos veteranos do exército e establecéronse oito colonias, salientando as de Antioquía, Sagalassus, Olbasa, Cremna e Comama.
Progresivamente a rexión latinizouse. Antioquía foi visitada por Paulo de Tarso e despois do 311 foi a sede metropolitana de Psidia.
Foi constituída en provincia sobre o 294 na reorganización de Diocleciano con Antioquía como capital, formada basicamente pola Pisidia e parte da Licaonia, dentro da diocese asiática. No século IV incorporóuselle parte de Frixia, pero perdeu a parte de Licaonia. En período cristián tivo 25 sedes episcopais. A provincia subsistía en tempo do emperador bizantino Xustiniano.
O 518 a rexión sufriu un devastador terremoto e o 541-543 sufriu unha praga (unha peste); despois houbo outros terremotos e nos séculos VII, VIII e IX sufriu incursións dos árabes. Pasou aos turcos selxúcidas despois do 1071, pero foi obxecto de disputa cos bizantinos ata o 1176 cando, despois da batalla de Miriocéfalon o control turco se impuxo definitivamente.