Saltar ao contido

Lánidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Picanzos»)
Laniidae
Lánidos, laníidos, picanzos

Lanius meridionalis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Corvida
Superfamilia: Corvoidea
Familia: Laniidae
Rafinesque, 1815
Xéneros e Especies
Véxase o texto

Os picanzos son aves paseriformes que conforman a familia dos Laniidae (lánidos[1], ou respectando o étimo latino, laníidos). Son coñecidos polos seus hábitos de cazar insectos, pequenas aves ou mamíferos e penduralos seus corpos en talos espiñentos. Isto axúdaos a esnaquizar a carne en anacos máis convenientes e sérvelles para amorear a comida para logo volver e servirse de novo. O peteiro do picanzo típico é ganchudo como o dunha ave de presa, reflectindo a súa natureza depredadora.

A maioría das especies viven en Eurasia e África, habendo dúas especies que se reproducen en América do Norte. Os membros desta familia non existen en Suramérica nin en Australia.

Algúns picanzos son coñecidos como "paxaros carniceiros" polo seu costume de pendurar corpos de insectos ou de pequenos vertebrados.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Lagarta pendurada nun espiño por un picanzo na illa de Lanzarote.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque,[2] na páxina 67 da súa obra, publicada en Palermo, Analyse de la nature, ou tableau de l’univers et des corps organisés, na cal intentou elaborar un novo sistema de clasificación biolóxica.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para darlle nome á familia, Laniidae, Rafinesque escolleu nome do xénero tipo, Lanius, engadíndole o sufixo do latín científico -ĭdae, co que se forman as nomes das familias de animais, que Linneo tomara do substantivo do latín clásico lanius, -ii, que significa 'carniceiro', tomando, quizais, como modelo a expresión pendere ad lanium, 'estar pendurada (a carne) na carnizaría'.

Na familia recoñécense os catro xéneros seguintes:[2][3][4]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

As familias dos Prionopidae e dos Malaconotidae teñen unha relación bastante próxima cos Laniidae, e no pasado os seus membros incluíanse nesta familia.[Cómpre referencia]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia atópanse as seguintes especies pertencentes á familia dos Laniidae:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Lánidos.
  2. 2,0 2,1 Laniidae Rafinesque, 1815 no ITIS.
  3. Laniidae na EOL.
  4. Laniidae no GBIF.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]