Philip Baker Hall
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1931 Toledo, Estados Unidos de América |
Morte | 12 de xuño de 2022 (90 anos) Glendale, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte natural |
Educación | University of Toledo (en) Woodward High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor de teatro, mestre, actor de cinema |
Período de actividade | 1960 - 2021 |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Philip Baker Hall, nado en Toledo, Ohio, o 10 de setembro de 1931 e falecido o 12 de xuño de 2022, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hall naceu en Toledo, Ohio.[1] A súa nai foi Alice Birdene (de solteira McDonald), e o seu pai, William Alexander Hall, traballador dunha fábrica de Montgomery, Alabama.[2][3] Asistiu á Universidade de Toledo.[4] Traballou en Alemaña como tradutor para o Exército dos Estados Unidos[5] e como profesor de instituto.[6] Traballou en producións de Off Broadway e de Broadway en Nova York.[7]
Tras debutar en Cowards,[8] uniuse ao Los Angeles Theatre Center.[7][8] O seu primeiro papel en televisión foi nun episodio de Good Times.[8] Hall interpretou máis de 200 papeis desde 1977, entre eles o de Richard Nixon no filme dunha personaxe Secret Honor.[9] Durante a década de 1980 participou en varios filmes en papeis secundarios, incluídos Nothing in Common, Midnight Run, Say Anything... e Ghostbusters II. Interpretou un detective na procura dunha carreira literaria en varios episodios da serie Seinfeld.[8] A súa primeira aparición na serie foi gabada como un dos mellores actores convidados da serie, e deulle máis traballos.[10]
Hall protagonizou a curtametraxe de Paul Thomas Anderson Cigarettes & Coffee, que logo adaptou na súa longametraxe debut Hard Eight. Hall foi candidato ao Independent Spirit ao mellor actor. Posteriormente apareceu noutros filmes de Anderson, Boogie Nights e Magnolia. Tamén compartiu pantalla con Philip Seymour Hoffman en catro filmes.[11]
Hall faleceu o 12 de xuño de 2022, aos noventa anos.[12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Hall tivo dous fillos coa súa primeira esposa, Dianne Lewis.[13] Casou posteriormente con Holly Wolfle, e tivo dúas fillas, Adella e Anna.[7]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Cowards (1970)
- Secret Honor (1984)
- Three O'Clock High (1987)
- Midnight Run (1988)
- Hard Eight (1996)
- The Rock (1996)
- Air Force One (1997)
- Boogie Nights (1997)
- Enemy of the State (1998)
- Sour Grapes (1998)
- Psycho (1998)
- Hora punta (1998)
- The Truman Show (1998)
- Magnolia (1999)
- The Insider (1999)
- The Talented Mr. Ripley (1999)
- Lost Souls (2000)
- A Gentleman's Game (2000)
- Rules of Engagement (2000)
- Rush Hour 2 (2001)
- The Sum of All Fears (2002)
- Bruce Almighty (2003)
- Curb Your Enthusiasm (2004)
- The Amityville Horror (2005)
- Duck (2005)
- The Matador (2005)
- The Zodiac (2005)
- Monk (2005)
- The Shaggy Dog (2006)
- Rush Hour 3 (2007)
- Zodiac (2007)
- You Kill Me (2007)
- Psych (2008)
- Fired Up (2009)
- All Good Things (2010)
- 50/50 (2011)
- Modern Family (TV Show) (2011, 2012)
- Mr. Popper's Penguins (2011)
- The Chicago 8 (2011)
- Bending the Rules (2012)
- Argo (2012)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Film Review: July 2003. Indiana University. 2003. p. 18. "Philip Baker Hall 10.9.31"
- ↑ "3 Cancellations Hit Detroit Music Hall". Toledo Blade. 1975-10-29. Consultado o 2017-07-28.
- ↑ "Philip Baker Hall (b. 1931)". Ohio Birth Index, 1908-2011. Arquivado dende o orixinal o 2016-01-09. Consultado o 2017-07-28.
Philip Baker Hall was born on September 10, 1931 in Ohio. Philip was born to Alice Bindine Hall and William Alexander Hall.
- ↑ "Biography for Philip B. Hall". Turner Classic Movies. Consultado o 2017-07-28.
- ↑ Philip Baker Hall is your favorite actor whose name you can’t quite place. The Washington Post. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ Arkatov, Janice (1 de agosto de 1988). "'Lovability' Plays No Part in Hall's Roles". Los Angeles Times.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Cashill, Robert (20 March 2000). "Buffalo Stance: Philip Baker Hall Takes Care of Business In Mamet Revival". Playbill. Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Harris, Will (6 de setembro de 2012). "Philip Baker Hall on The Chicago 8, Seinfeld, and Paul Thomas Anderson". The A.V. Club. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 28 de abril de 2015.
- ↑ Lopez, John (11 December 2014). "Good Disintegration: Paul Thomas Anderson and Robert Altman's Special Relationship". Grantland. Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ Kreps, Daniel; Montgomery, James; Fear, David; Grow, Kory; Wenner, Gus (2014-07-08). "And They're Spectacular! 10 Actors on Their Memorable 'Seinfeld' Roles". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-12-11. Faltan o
|apelido2=
en Authors list (Axuda) - ↑ Newman, Jason (2 de febreiro de 2014). "Philip Baker Hall Remembers 'Genius' Philip Seymour Hoffman". Rolling Stone. Consultado o 28 de abril de 2015.
- ↑ "Philip Baker Hall death: Magnolia and Modern Family actor dies, aged 90". The Independent. 13 de xuño de 2022. Consultado o 13 de xuño de 2022.
- ↑ Koseluk, Chris. "Philip Baker Hall, the Library Cop Lt. Bookman on ‘Seinfeld,’ Dies at 90". The Hollywood Reporter. Consultado o 13 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Philip Baker Hall na IMDb (en inglés).