Saltar ao contido

Petrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPetrer
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°29′04″N 0°46′10″O / 38.48447, -0.76956
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarca da Comunidade ValencianaVinalopó Mitjà Editar o valor en Wikidata
CapitalPetrel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación33.914 (2023) Editar o valor en Wikidata (325,28 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie104,26 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude698 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataLucía García Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03610 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE03104 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos03104 Editar o valor en Wikidata

Páxina webpetrer.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451859
Castelo de Petrer Nevado.

Petrer é un concello do País Valenciano situado no centro interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. O núcleo urbano de Petrer atópase completamente fusionado co de Elda, formando a conurbación Elda-Petrer.

Petrer ten 33.486 habitantes (INE 2007), poboación que aumentou moito grazas ao seu desenvolvemento industrial. A súa economía está baseada na fabricación de todo tipo de calzado, así como nunha puxante industria da marroquinaría.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Petrer atópase situado na cunca media do Vinalopó, río que discorre pola zona oeste do seu termo municipal.

Cunha superficie de 104,2 km², limita ao norte cos municipios de Castalla e Sax, ao sur cos de Novelda e Monforte del Cid; ao leste con Agost e ao oeste con Elda, poboación coa cal forma unha conurbación de 88.845 habitantes.

O relevo de Petrer, eminentemente montañoso, está constituído por un corredor estreito existente entre as terras baixas de Elx e a meseta de Villena, situado ao fondo dunha cubeta entre importantes somontes, destacando as serras do Cid, do Caball e o Maigmó. O clima, sendo mediterráneo, caracterízase pola escaseza e irregularidade das choivas, e unhas temperaturas agradables, con invernos curtos e pouco fríos e unha estación estival longa.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía da comarca ten como actividade principal o calzado. Actualmente parece experimentarse un proceso no cal intégranse, xunto ás fases produtivas da industria do calzado, un sector primario crecente (actividades agrícolas e mineiras) e un sector de servizos.

A industria do calzado e a marroquinaría convertéronse, ao longo dos anos, no tecido produtivo básico. O tamaño da empresas (pequeno e mediano), así como a súa organización, permiten unha ampla flexibilidade e adaptación á demanda de distintos volumes de pedido de zapatos, bolsos e outros complementos.

Na actualidade existen preto de 220 empresas de calzado, o que representa preto do 45% do total. O resto de actividades industriais son, por orde de importancia, as empresas de construción, marroquinería e a industria agroalimentaria que, malia o seu escaso número, están plenamente introducidos no mercado internacional.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Petrer ten 33.486 habitantes (INE 2007), o que representa o 37,72% da poboación da conurbación Elda-Petrer. Dende os anos 70 do século XX, Petrer absorbeu gran parte do crecemento demográfico de Elda, grazas a ter o municipio petrerí unha maior superficie edificábel, especialmente no barrio de la Frontera entre os dous termos.

A porcentaxe de inmigrantes censados en Petrer é do 3,34% (INE 2006), o máis baixo de tódolos municipios de máis de 2.000 habitantes da provincia de Alacant.[1] A meirande parte dos inmigrantes do municipio proceden de Iberoamérica.

Evolución demográfica de Petrer[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2007
Poboación 2.889 3.402 3.928 3.992 4.120 5.290 5.506 6.145 10.615 15.804 20.361 24.383 29.567 39.486
  1. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.