Peso mexicano
Peso mexicano | |
---|---|
Peso mexicano | |
Código: | MXN |
Ámbito: | México |
Símbolo: | $ |
Fracción: | 100 centavos (¢) |
Moedas: | 5,10, 20, 50 centavos 1, 2, 5, 10, 20, 100 pesos |
Billetes: | 20, 50, 100, 200, 500, 1000 pesos |
Emisor: | Banco de México |
Taxa de troco: 10-08-2011 | 1 EUR = 17,4604 MXN 1 USD = 12,162 MXN |
O Peso Mexicano é a moeda oficial de México.
Características
[editar | editar a fonte]Está dividido en 100 centavos. O símbolo utilizado para o peso é $, e o do centavo é ¢. O código ISO 4217 do peso mexicano é MXN. Debido a que o nivel de exportacións de México é moi elevado, o peso mexicano é unha das quince divisas máis cotizadas do mundo.
A institución que se encarga da emisión e o control do peso é o Banco de México (Banco de México). Circulan billetes de 1.000, 500, 200, 100, 50 e 20 pesos e moedas de 10, 5, 2 e 1 pesos e de 50, 20, 10 e 5 centavos. Tamén hai emisións especiais de moedas de 20, 50 e 100 pesos, de escasa circulación.
Historia
[editar | editar a fonte]As moedas de peso foron fabricadas dende o 11 de maio de 1535 pola Casa de Moeda de México en prata. Polo seu valor en prata, o peso foi utilizado non só á Nova España senón internacionalmente, e pódense atopar pesos á China ou ás Filipinas. O 1785, despois da independencia dos Estados Unidos, o peso converteuse na moeda de curso legal de toda a América do Norte, e foi a base do sistema do dólar americano, que non foi fabricado senón até ao 1792, e o cal utilizou o símbolo do peso, $. O peso foi aceptado como a moeda de curso legal aos Estados Unidos até ao 1857 e ao Canadá até ao 1858.
A diferenza do resto das nacións latinoamericanas, durante a maior parte do Século XX o peso mexicano foi unha divisa moi estábel, porén, despois da crise mundial do petróleo dos anos setenta e oitenta, o peso devaluouse en diversas ocasións. O 1993 introduciuse un novo sistema monetario coñecido como o Nuevo peso, "Novo peso", que substituía os "Antigos" pesos a razón de 1 novo peso por cada 1.000 antigos. Non obstante iso, o adxectivo "novo" non é utilizado dende 1996. Hoxe en día México, por medio dunha ampla política de abertura comercial, tense convertido nunha potencia exportadora, o cal ten feito que o peso sexa unha moeda moi estábel e unha das 15 moedas máis cotizadas do mundo.
Moedas que estiveron en circulación
[editar | editar a fonte]Na derradeira serie de pesos anterior a 1992 emitíronse moedas con faciais comprendidos entre 1 centavo e 5,000 pesos. Nas distintas épocas, tanto as aliaxes como os tamaños e os valores mudaban as súas características técnicas, principalmente á inflación da década de 1970 e 1980. Estas moedas aínda poden ser trocadas polo seu equivalente en pesos actuais en 414 centros de troco dentro do país, so certas regras.
Moedas actualmente en circulación
[editar | editar a fonte]Denominación ($) | Data de inicio de circulación | Metal | Forma | Diámetro | Deseño ao anverso | Deseño ao reverso | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Anel | Centro | ||||||
5 centavos | 1992 a 2002 | Aceiro Inoxidábel | 15.5 mm | Escudo Nacional | Estilización dos raios solares do anel dos Quincunces da Pedra do Sol. | ||
10 centavos | 1992 | Aceiro Inoxidábel | 17 mm | Escudo Nacional | Estilización do anel do Sacrificio da Pedra do Sol. | ||
20 centavos | 1992 | Bronce - Aluminio | 19.5 mm | Escudo Nacional | Estilización de Ácatl, (13) Décimo terceiro día da Pedra do Sol. | ||
50 centavos | 1992 | Bronce - Aluminio | 22 mm | Escudo Nacional | O Anel da aceptación da Pedra do Sol | ||
1 peso | 1992 | Aceiro Inoxidábel | Bronce - Aluminio | 21 mm | Escudo Nacional | O Anel do resplandor da Pedra do Sol | |
2 pesos | 1992 | Aceiro Inoxidábel | Bronce - Aluminio | 23 mm | Escudo Nacional | O anel dos días da Pedra do Sol | |
5 pesos | 1992 | Aceiro Inoxidábel | Bronce - Aluminio | 25.5 mm | Escudo Nacional | O Anel das serpentes da Pedra do Sol | |
10 pesos | 1992 a 1995 | Bronce - Aluminio | Prata Sterling 1/6 Onza |
28 mm | Escudo Nacional | O círculo da Pedra do Sol | |
1997 | Alpaca | ||||||
2000 a 2001 | Ano 2000 O Círculo da Pedra do Sol | ||||||
20 pesos | 1993 a 1995 | Bronce - Aluminio | Prata Sterling 1/4 Onza |
32 mm | Escudo Nacional | Miguel Hidalgo y Costilla | |
2000 a 2001 | Ano 2000 Señor da Lume | ||||||
Octavio Paz | |||||||
50 pesos | 1993 a 1995 | Bronce - Aluminio | Prata Sterling 1/2 Onza |
38.5 mm | Escudo Nacional | Nenos Heroes | |
100 pesos | 2003 | Bronce - Aluminio | Prata Sterling 1/2 Onza |
39 mm | Escudo Nacional | Motivos dedicados aos 32 Estados de México | |
2005 | (80) Octoxésimo Aniversario do Banco de México | ||||||
(400) Cuadrinxentésimo Aniversario da 1ª Edición de O Enxeñoso Fidalgo Don Quixote da Mancha | |||||||
(470) Cuadrinxentésimo Septuaxésimo Aniversario da Casa de Moeda de México | |||||||
(100) Centésimo Aniversario da Reforma Monetaria de 1905 | |||||||
2006 | (200) Bicentenario do Natalicio de Benito Juárez |
Billetes
[editar | editar a fonte]Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
20 pesos | Azul | 120 x 66 mm | Benito Juárez | Pirámides de Monte Albán | ||
50 pesos | Rosa | 127 x 66 mm | José María Morelos | Acueduto de Morelia | ||
100 pesos | Vermello e amarelo | 134 x 66 mm | Nezahualcóyotl | Tenochtitlán | ||
200 pesos | Verde | 141 x 66 mm | Sor Juana Inés de la Cruz | Hacienda de Panoayansmall | ||
500 pesos | Marrón | 148 x 66 mm | Diego Rivera | Frida Kahlo | ||
1.000 pesos | Violeta | 155 x 66 mm | Miguel Hidalgo | Universidade de Guanajuato |
Billetes conmemorativos do 2010
[editar | editar a fonte]O Banco de México puxo en circulación o 23 de setembro 50 millóns de billetes de 200 pesos conmemorativos do Bicentenario da Independencia de México, e 50 millóns de 100 pesos para celebrar o Centenario da Revolución Mexicana.[1] Hai que sinalar que estes billetes conmemorativos non substituirán aos que actualmente están en circulación, senón que coexistirán con eles, e o Banco Central os retirará cando teñan concluído a súa vida útil.
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
100 pesos | Vermello e amarelo | 134 x 66 mm | Tren que transportaba tropas revolucionarias | Parte do mural "Del porfirismo a la Revolución" | ||
200 pesos | Verde e vermello | 141 x 66 mm | Miguel Hidalgo co Estandarte da Virxe de Guadalupe | Anxo da Independencia |
Taxas de troco
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Presentan billetes conmemorativos del Centenario y Bicentenario". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2010. Consultado o 10 de agosto de 2011.