Saltar ao contido

Pennywise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pennywise
OrixeHermosa Beach (California),
Período1988 - actualidade
Xénero(s)punk rock, skate punk, hardcore melódico
Selo(s) discográfico(s)Theologian, Epitaph Records, MySpace Records
MembrosJim Lindberg
Fletcher Dragge
Byron McMackin
Randy Bradbury
Antigos membrosJason Thirsk
Zoli Téglás
Na rede
http://pennywisdom.com/
IMDB: nm1182164 Facebook: pennywise Twitter: Pennywise Instagram: _pennywise MySpace: pennywise Souncloud: pennywisdom Last fm: Pennywise Musicbrainz: 5c210861-2ce2-4be3-9307-bbcfc361cc01 Songkick: 480961 Discogs: 21657 Allmusic: mn0000258430 Deezer: 2238 Genius: Pennywise Editar o valor en Wikidata

Pennywise é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Hermosa Beach (California) e formada no ano 1988. O nome do grupo foi tomado do monstro da novela de Stephen King It.

Entre o seu álbum de estrea, Pennywise (1991), e o do 2005 The Fuse, o grupo publicou un disco cada dous anos a través de Epitaph Records, un selo propiedade do guitarrista de Bad Religion Brett Gurewitz. Ata a data a banda leva editados once álbums de estudio, un álbum ao vivo, dous EPs e un DVD. Aínda que os seus dous primeiros traballos foron aclamados pola crítica, Pennywise non experimentou o éxito comercial en todo o mundo ata o lanzamento en 1995 do seu terceiro disco, About Time, que chegou ao número 96 da lista Billboard 200, e ao 55 das listas australianas. O éxito do grupo entre o gran público coincidiu cun crecente interese polo punk rock durante os anos 90, ao igual que lle pasou a outras bandas californianas como NOFX, Rancid, Blink-182, Bad Religion, Green Day, The Offspring e Sublime. Cara 2007 Pennywise vendera ao redor dos 3 millóns de discos en todo o mundo, sendo unha das bandas de punk independentes máis exitosas de todos os tempos.

A formación actual de Pennywise está composta polo vocalista Jim Lindberg, o guitarrista Fletcher Dragge, o baixista Randy Bradbury e o batería Byron McMackin. O grupo mantivo os seus membros orixinais ata a morte do baixista Jason Thirsk en 1996 polas feridas dun disparo que se autoinflixiu debido aos seus problemas co alcolismo, sendo substituído por Bradbury. En agosto de 2009 Lindberg decidiu deixar a banda ocupando o seu lugar o vocalista de Ignite Zoli Téglás. Con Téglás gravaron o seu décimo álbum de estudio, All or Nothing, publicado o 1 de maio de 2012. Lindberg regresaría ao grupo ese mesmo ano despois de que Téglás fose marxinado por unha lesión nas súas costas.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]