Peixe porco
Peixe porco (Oxynotus centrina) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Oxynotus centrina (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
Distribución do peixe porco
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O peixe porco,[1][2][3] Oxynotus centrina, é unha especie de peixe elasmobranquio escualiforme da familia dos oxinótidos (Oxynotidae).[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]As principais características do peixe porco son:[2]
- Corpo denso, e moi alto, de sección triangular, co dorso prominente, cuberto dunha pel moi grosa e áspera. É un tiburón, non superando os 150 cm de lonxitude.
- Cabeza pequena e aplanada.[5] Fociño curto, coa boca de pequeno tamaño e de forma ovalada, armnada de dentes lanceolados dispostos en varias series.[6]
- Espiráculo grande, alongado verticalmente, de forma oval ou de lúa crecente.
- Dúas aletas dorsais altas, con forma de velas e con senllas espiñas diante, case totalmente envolvidas pola pel. Aletas ventrais opostas á segunda aleta dorsal. Sen aleta anal.
- coloración que vai da gris escura á gris apardazada en todo o corpo, con pequenas manchas escuras, a xeito de erupcións na cabeza e no lombo; unha liña horizontal, non ben marcada, separa as áreas escuras na cabeza; outras, cruzan as meixelas por debaixo dos ollos.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]É un animal mariño propio do mar Mediterráneo (falta no mar Negro) e do océano Atlántico oriental desde as costas de Noruega até Suráfrica. Raro no mar do Norte setentrional.[7] A súa presenza nas costas de Mozambique é dubidosa.[8]
Encóntrase en fondos coralinos e fangosos da plataforma e do continentais, principalmente entre os 100 e os 200 m de profundidade, aínda que se rexistron individuos até unha profundidade de 800 m.[2][8]
É unha especie de hábitos solitarios que adoita nadar lentamente.[6] é ovovivíparo.[8] A fecundación ten lugar en xaneiro e as crías nacen uns 3 meses máis tarde.[5] As camadas compóñense de 7-8 crías,[2] que ao nacer miden entre 21 e 24 cm.[8]
Hai poucos estudos sobre a súa alimentación e só Compagno cita que se alimenta de vermes poliquetos;[9] pola súa parte Terofal et al. afirman que a súa alimentación componse de animais de todo tipo do fondo mariño.[5]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Segundo a IUCN, o status de conervación do peixe porco, no ano 2007, era de VU (especie vulnerábel).[10]
En Galicia
[editar | editar a fonte]O peixe porco é unha especie relativamente frecuente en augas próximas á nosa comunidade.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 43.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rodríguez Villanueva et al. (1992):, p. 70.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 188.
- ↑ "Oxynotus centrina". www.itis.gov. Consultado o 2020-04-09.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Terofal, F. e Militz, C. (2005): Peces de Mar. Barcelona: Editorial Blume. ISBN 84-8076-268-3, p. 290.
- ↑ 6,0 6,1 Corbera, J.; Sabatés, A. e Garcia-Rubies, A. (1996): Peces de Mar de la Península Ibérica. Barcelona: Ed. Planeta. ISBN 84-08-01799-3, p. 314.
- ↑ Muus et al. (1998), p. 59.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Bradaï, M. N.; Serena, F. e Bianchi, I. (Mediterráneo) e Ebert, D. A. (Suráfrica) (2007): Oxynotus centrina na Lista vermella da IUCN.
- ↑ Compango et al. (1984)
- ↑ Oxynotus centrina na Lista Vermella da IUCN.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe porco |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixe porco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Compango, J. L. V. (1984): Sharks of the World. An annotated catalog of shark especies known to date. Roma: FAO.
- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Moreno, Juan A. (2004): Guía de los tiburones de aguas ibéricas, Atlántico nororiental y Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 978-84-282-1367-7.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
- Ríos Panisse, M. C. (1997): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ampla información sobre o peixe porco en FishBase. (en inglés) Consultada o 16/12/2012.