Paulo Ríos Santomé
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1993 (30/31 anos) Moaña, España |
10º Secretario Xeral de Galiza Nova | |
2019 – 2021 ← Alberte Fernández Silva – Marta Gómez Martín → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Aberta de Cataluña |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Paulo Ríos Santomé, coñecido como Kai, nado en Moaña en 1993, é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o Grao de Ciencias Sociais na Universidade Aberta de Cataluña. Militou en Galiza Nova dende 2015, foi membro da Dirección Nacional de Galiza Nova dende ese ano e membro da Executiva Nacional do BNG. Foi secretario xeral da Unión da Mocidade Galega, posto que abandonou en 2020. Concelleiro de Mocidade en Moaña dende 2017.[1][1][2] Na Asemblea Nacional Extraordinaria de outubro de 2019, foi elixido secretario xeral de Galiza Nova.[3] Nas autonómicas de 2020 foi o número 6 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Concello de Moaña". Consultado o 2020-03-04.
- ↑ Dimite el edil de Deportes de Moaña, Abel Pérez,y entra Pablo Ríos que llevará Mocidade
- ↑ "Crónica da Asemblea Nacional Extraordinaria de Galiza Nova". Sitio web de Galiza Nova. 2019-10-25. Consultado o 2020-03-04.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Políticos do BNG
- Concelleiros de Moaña
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG
- Secretarios xerais de Galiza Nova
- Nados en Moaña
- Nados en 1993
- Alumnos da Universidade Aberta de Cataluña
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia