Pasión prohibida
Pasión prohibida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pasión prohibida |
Director | Amando de Ossorio |
Guión | Amando de Ossorio |
Intérpretes | Susana Estrada, Emilio Álvarez, Lynn Endersson, Rafael Hernández, María Rey, Gabriela Mosch, Luis Marín, Vanessa Hidalgo, Emilio Linder |
Música | Alfonso Santisteban |
Fotografía | Pablo Ripoll |
Montaxe | Antonio Gimeno |
Estudio | Studio 80 |
Estrea | 29 de outubro de 1980 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama, Erótico |
Na rede | |
Pasión prohibida é un flme galego de 1980 dirixido por Amando de Ossorio.
Argumento
[editar | editar a fonte]Teresa (Susana Estrada), unha estrela de variedades, abandona o local no que traballa para volver á súa localidade natal en Galicia e asistir ao funeral de seu pai. Alí está seu irmán Miguel (Emilio Álvarez), quen agora herda o negocio familiar e por quen Teresa comeza a sentir unha forte atracción. A pesar de que Miguel ten moza e plans para casaren, non se pode resistir ao xogo de sedución de súa irmá. Por outra banda, Leonor (Lynn Endersson), a dona do local onde traballaba Teresa, non soporta a ausencia da súa bailarina estrela e antiga amante, e intenta por todos os xeitos recuperala.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Susana Estrada como Teresa.
- Emilio Álvarez como Miguel.
- Lynn Endersson como Leonor.
- Rafael Hernández como Empregado de Leonor.
- María Rey como Marisol.
- Gabriela Mosch como Licia.
- Luis Marín como Xerente.
- Vanessa Hidalgo como Criada.
- Emilio Linder como Camareiro.
Produción
[editar | editar a fonte]Foi a penúltima película de Amando de Ossorio e a única incursión deste no chamado "cine S". A rodaxe realizouse en Camariñas[1] e inclúe escenas da tradicional procesión marítima da Virxe do Carme.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Costa da Morte en la gran pantalla". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de novembro de 2011. Consultado o 16 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán).
- Ficha do filme en IMDb (en inglés).