Desemprego
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O termo desemprego é sinónimo de desocupación ou paro. O desemprego ou paro está formado pola poboación activa (en idade de traballar) que non ten traballo. Non se debe confundir a poboación activa coa poboación inactiva. Existen tres tipos de desemprego (Samuelson) que en economías periféricas adoitan ser catro (desemprego estacional). Estes tipos de desemprego son o cíclico, o estrutural, o friccional e o estacional.
Tipos de desemprego
[editar | editar a fonte]O tipo de desemprego máis nocivo é o desemprego cíclico. Neste caso as súas consecuencias poden levar a países cunha institucionalidade feble á violencia xeneralizada e finalmente a desobediencia civil. En países desenvolvidos a situación pode provocar volcos desde as políticas de Estado ata definitivamente a adopción dun sistema económico distinto so pena do debilitamento institucional. Un caso de desemprego cíclico foi a crise mundial de 1929.
O desemprego estrutural corresponde tecnicamente a un desaxuste entre oferta e demanda de traballadores. Esta clase de desemprego é máis pernicioso que o desemprego estacional e o desemprego friccional. Nesta clase de desemprego, a característica da oferta adoita ser distinta á característica da demanda o que fai probable que unha porcentaxe da poboación non poida atopar emprego de maneira sostida. Polo anterior, os economistas ligados ó Estado non poden admitir que un país estea baixo este tipo de desemprego pois se trata dunha situación grave para unha poboación asalariada dun punto ou sector determinado. Ademais, nun contexto de libre mercado, súmase á crise das masas asalariadas a das medianas e pequenas empresas que non logran adaptar a súa resposta ás crise cíclicas do sistema capitalista nas que só os grandes conglomerados empresariais- holdings- poden funcionar.
Por outra banda, o factor tecnolóxico é un elemento a considerar permanentemente nas crises capitalistas. A fusión das empresas motrices do sistema (que incorren en monopolio) e o constante progreso tecnolóxico fai que a man de obra sexa menos requirida en alta tecnoloxía, desprazándose grandes masas cara a traballos informais ou de carácter precario.
As características principais que advirten dun desemprego de tipo estrutural son:
- Desaxuste sostido entre a calidade e características da oferta e a demanda.
- Desadaptación do conxunto dos actores económicos respecto á economía externa e incapacidade do mercado interno para paliar esa diferenza.
- Obsolescencia gráfica dun modelo produtivo determinado.
O desemprego friccional, en tanto, ocorre no tempo que transcorre entre cando unha persoa deixa ou perde un emprego e a súa posterior ocupación. O desemprego estacional refírese á perda de emprego por estacións. Isto ocorre en forma xeral nos temporeiros, que deben traballar en agricultura durante unha cantidade de meses para logo esperar ser recontratados nunha próxima temporada.
Métodos de medición
[editar | editar a fonte]- A taxa de paro é a porcentaxe que representa o número de individuos que conforman a poboación activa que carecen de traballo remunerado. A forma de calcular esta taxa é obter o cociente da diferenza entre activos e ocupados, é dicir, parados e os activos. Considéranse activos as persoas de 16 ou máis anos que están en idade de traballar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CORIAT, Benjamin, El Taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el Fordsimo y la producción en masa. México, Siglo XXI, 1982
- KEYNES, John M., Teoría General de la Ocupación, el interés y el dinero. México, FCE.
- SAMUELSON, P. Y NORDHAUS, W., Economía. 17 Edición, McGraw Hill, 2002, Madrid.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Instituto Nacional de Emprego de España
- Asistencia aos Desempregados en España
- Portal del trabajador: Portal que recolle todos os tipos de desemprego que se dan en España.