Palawan
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Filipinas | ||||
Rexión | Mimaropa (pt) | ||||
Provincia | Palauã (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 886.308 (2015) (72,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 12.189 km² | ||||
Bañado por | Mar de Sulu e Mar da China Meridional | ||||
Altitude | 2.085 m | ||||
Punto máis alto | Monte Mantalingahan (pt) (2.085 m) | ||||
A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas e a quinta illa máis grande do país. A costa noroeste da illa está ao longo do Mar da China meridional, mentres que a costa do sueste forma parte do límite norte do Mar de Sulu.[1] Gran parte da illa segue sendo tradicional e é considerada por algúns como subdesenvolvida. Mantense pouco desenvolvida e silvestre, con abundante vida salvaxe, xunglas e montañas. As costas son de area branca, o que as converte en grandes atraccións turísticas, así como as compañías internacionais que buscan oportunidades de desenvolvemento.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Toda a lonxitude da illa forma unha cordillera, cunha altitude máxima de 2085 m en Monte Mantalingajan. Outros picos significativos son o Monte Gantung en Batazara e o Pico Vitoria 1726 m. en Narra.
A capital da provincia chámase Porto Princesa. Como atraccións turísticas a destacar, atópase o río subterráneo duns 8 quilómetros que se pode visitar e percorrer en barca, a zona do norte chamada o Niño, con variadas paraxes e zonas de mergullo e unha frondosa xungla, espazo declarado de interese mundial pola UNESCO.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi o escenario da batalla de Palawan en 1945. Unha ducia de navíos xaponeses atópanse afundidos entre 10 e 43 metros de profundidade preto das súas costas e das illas próximas, como Busuanga e Coron[3]..
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea
- ↑ Keenan, Jillian. "The Grim Reality Behind the Philippines' Economic Growth". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2017-02-27.
- ↑ http://www.coronwrecks.com/sites.htm#fishing_boat
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palawan |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea. Encyclopedia of Earth. Eds. P.Saundry & C.J.Cleveland. Washington DC