Pablo Motos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1965 (59 anos) Requena, España |
Altura | 1,68 m |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, xornalista, humorista, locutor, director de televisión |
Pablo Motos Burgos, nado en Requena, Valencia, o 31 de agosto de 1965, é un presentador de televisión, locutor de radio e humorista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pablo Motos foi locutor e director de Radio Requena, traballado tamén en Radio Nacional de España, e en Onda Cero, onde presentou e dirixiu programas como Protagonistas, Mareando la Perdiz ou Hacia el dos mil, onde ademais formou parte do equipo como redactor e presentador da Radio de Julia Otero.
En televisión presentou na Televisión Valenciana (Canal Nou), o programa Megacine e foi coordinador de guións do Club de la Comedia, co-produtor executivo da Noche de Fuentes y Cía, Stand-up, e apareceu en pequenos papeis como actor.
Pablo Motos tamén compuxo cancións como Saber amigos, que gañou o primeiro premio do Festival de Benidorm de 1993.
Este polifacético comunicador igualmente foi columnista do diario El Mundo (Edición Comunidad valenciana), e colaborou no guión de 8 libros de humor, entre eles No somos nadie, vol. 1 e 2. Así mesmo, traballou en teatro, sendo director de guións e un dos autores de Cinco hombres.com, Cinco mujeres.com e La vida según San Francisco. Tamén contribuíu na versión en castelán dirixida por Verónica Forqué de La tentación vive arriba. Igualmente protagonizou xunto a Enrique San Francisco Entre fuerte y flojo.
Dirixe e presenta en radio e televisión dous programas con gran contido de humor; No somos nadie en M-80 Radio, ata 2007, e El Hormiguero, na cadea de televisión xeralista Cuatro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pablo Motos Arquivado 04 de setembro de 2009 en Wayback Machine. en Cuatro.