Saltar ao contido

Plasma Interaction Experiment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PIX 2»)

Plasma Interaction Experiment ou PIX foron dous experimentos acaroados á última etapa de foguetes Delta para estudar as descargas de alta voltaxe e os arcos eléctricos en compoñentes de naves espaciais. unha serie de tres satélites da NASA lanzados para investigar a abundancia de micrometeoritos preto da Terra.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Os experimentos PIX tiñan forma de caixa de 96 x 81 cm acaroada á segunda etapa do foguete lanzador e unida a unha caixa de electrónica na parte oposta da etapa. PIX 1 foi lanzado o 5 de marzo de 1978 a bordo dun Delta 2910 para recoller algúns dos datos que o fallado satélite SPHINX debería ter tomado. Levaba unha célula solar de proba e algúns experimentos de illamento. PIX 2 foi lanzado o 26 de xaneiro de 1983 sobre un Delta 3910 cunha mostra de células solares e unha sonda Langmuir.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
PIX 1 5 de marzo de 1978 Éxito Delta 2910
PIX 2 26 de xaneiro de 1983 Éxito Delta 3910
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "PIX" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "PIX 1, 2" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]