Ouvirmos
Aparencia
Ouvirmos | |
---|---|
Tipo | editorial e industria musical |
Data de fundación | 2003 |
Director/a | Xosé Aldea |
Sede | Ourense |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.ouvirmos.com/web/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ouvirmos é unha editorial e consultoría cultural con sede en Ourense que aposta pola creación de produtos innovadores en materia cultural e turística. A empresa naceu en 2003 co obxectivo de recuperar, dignificar e divulgar o patrimonio músico-cultural de Galiza. O seu director é Xosé Aldea.
Coleccións da editorial
[editar | editar a fonte]- Fotobiografías sonoras. Trátase dun soporte innovador que se presenta nun coidado formato de libro máis dous CDs, e no que se recolle un completo material fotográfico que ilustra a vida de cada un dos autores, así como gravacións coa súa propia voz, recitais e cancións relacionadas coa súa obra. Están publicadas as Fotobiografías sonoras de Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro e Federico García Lorca, entre outros.
- A Tiracolo. É unha colección de gravacións históricas que ten como obxectivo a recuperación, restauración sonora e dixitalización das grandes obras editadas da música galega con anterioridade ao ano 1954. A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra (gravacións de 1928-1958), Aires da terra (1904), Os Gaiteiros de Soutelo ou Os Montes de Lugo son algúns dos protagonistas da colección.
- Itinerarios Histórico-Musicais. Serie de libros-CD que propoñen unha viaxe sonora polo patrimonio artístico e musical de diversas localidades galegas como Vigo, Rianxo, Mondoñedo ou Lugo.
- Cociña infantil e familiar. Unha colección de libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e creativos, especificamente concibidos para experimentar en familia.
Consultoría cultural
[editar | editar a fonte]Entre os proxectos realizados por Ouvirmos como consultoría cultural, destacan as exposicións multimedia dedicadas aos escritores Celso Emilio Ferreiro e Lois Pereiro, o Mapa Sonoro de Vigo ou as masterclass de música tradicional.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial da Asociación Galega de Editores pola colección de Fotobiografías Sonoras no 2009.[1]
- Premio da Crítica de Galicia no Apartado de Música pola colección A Tiracolo no 2008.[2]
- Medalla do Gaiteiro de Soutelo do Concello de Forcarei no 2007.[3]
- Recuncho da Palleta da Radio Galega polo Ano da Música no 2004.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Início Notícias Publicações Ouvirmos, prémio à melhor iniciativa editorial no ano 2009". pglingua.org. 22 de decembro de 2009. Consultado o 22 de novembro de 2022.
- ↑ "Ouvirmos". premiosdacriticagalicia.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 22 de novembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Empresa/Premios". ouvirmos.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 22 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ouvirmos na páxina da Asociación Galega de Editoras.