Saltar ao contido

Ouka Leele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOuka Leele

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Bárbara Allende Gil de Biedma. Editar o valor en Wikidata
29 de xuño de 1957 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de maio de 2022 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes visuais e Escrita creativa e profesional Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafa, poetisa, nai, pintora, escritora, deseñadora Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGabriel Allende Maíz Editar o valor en Wikidata
IrmánsGabriel Allende Gil de Biedma
Patricia Allende Editar o valor en Wikidata
ParentesJaime Gil de Biedma, sobriña Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
A World History of Women Photographers (2020 edition) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina weboukaleele.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0500923 Instagram: oukaleele BNE: XX1145990 Dialnet: 1788743 Discogs: 2252353 Editar o valor en Wikidata

Bárbara Allende Gil de Biedma, nada en Madrid o 29 de xuño de 1957[1] e finada na mesma cidade o 24 de maio de 2022,[2][3] foi unha artista, pintora, poeta e fotógrafa española, coñecida como Ouka Leele. Foi unha das protagonistas principais da movida madrileña de comezos da década de 1980. De formación autodidacta, destacan as súas características fotografías en branco e negro pintadas a man con acuarela. Mesturou as tradicións españolas cun gran colorido típico da artista. A súa obra expúxose en cidades como París, Londres, Toquio, São Paulo, Tel Aviv, Shanghai, Pequín, Roma, Buenos Aires, Colonia ou Nova York.

Nome artístico

[editar | editar a fonte]

O seu nome artístico ten a súa orixe nunha obra do pintor El Hortelano, un mapa de estrelas inventado completamente por el, en que aparecía unha estrela chamada "Ouka Leele". Bárbara quedou marabillada por esta expresión e decidiu que quería asinar as súas obras así. Reforzada nesta decisión polo seu primeiro galerista, Albert Guspi, expuxo dende entón a súa obra con este pseudónimo, ao que quitou un e, asinando como Ouka Lele ata 1999 en que volveu ao nome orixinal "Ouka Leele".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa familia pertencía á alta burguesía bilbaína.[1] É filla de María de las Victorias Gil de Biedma e Vaillant e de Gabriel Allende Maíz, un afamado arquitecto enamorado da pintura. É irmá da tamén fotógrafa Patricia Allende e sobriña do poeta Jaime Gil de Biedma, e curmá segunda de Esperanza Aguirre.[4]

Pasou a súa infancia entre Madrid e San Rafael e axiña pasou gran parte do seu tempo debuxando, pintando e lendo libros de arte.

Formación

[editar | editar a fonte]

No Museo do Prado emocionouse coas cores e as pinceladas das teas nas roupas dos cadros de El Greco, a mesma emoción que lle evocan as coras da natureza. Pouco despois, vendeu por primeira vez os seus debuxos no rastro de Estepona, recibindo un bo agoiro dun comprador que baixou dun barco e lle dixo: "e que saibas que chos merco porque sei que vas ser moi famosa".[5]

Cursou os primeiro anos de Belas Artes ao mesmo tempo que, en 1976, aconsellada por un compañeiro da escola de pintura, integrouse en Photocentro,[6] unha escola de fotografía onde comezaban a sementarse as tendencias artísticas que se iniciaban na época.[2] As súas primeiras fotos foron incluídas no libro Principio, 9 jóvenes fotógrafos españoles e dende ese momento a fotografía que non buscaba, entrelazouse na súa vida artística. A súa necesidade de pintar empurrouna cara á fusión de pintura e fotografía, desenvolvendo así a súa persoal linguaxe. En contacto con outros artistas, decidiu abandonar a idea de estudar a carreira de Belas Artes e avanzar na súa busca artística de xeito autodidacta, ao mesmo tempo que estudaba piano.

Aínda que adoitaba empregar, nas súas fotografías, o branco e o negro pois rexeitaba a cor, cando lle encargaron unha portada decidiu "inventar ela mesma as cores" e comezou a colorea-las frotografías que tiraba en branco e negro.[7]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Educada nun colexio de monxas, a imaxinería relixiosa e as visitas ao Museo do Prado, marcaron os primeiros momentos do seu estilo. Pero foi , sobre todo, a relación con outros artistas novos do momento aos que coñeceu no rastro madrileño, como Ceesepe, Alberto García-Alix e mais El Hortelano quen a conctaron co movemento contracultura da "movida" que comezaba a agromar na España de finais da década dos setenta.[2]

En 1978 trasladouse a Barcelona, onde coñece a Mariscal e a Nazario e onde madura o seu estilo final. Alí, realizou a serie Peluquería, na que retrata os seus amigos mesturando as formas relixiosas e o surrealismo o que foi denominado por Paloma chamorro como "santos modernos".[2] A serie se expuxo en Barcelona e en Madrid, e dous anos despois marchou a Nova York, onde tomou conciencia de que o seu lugar de traballo o atopa afondando nas súas orixes. Despois de pasar por México volveu a Madrid en 1981, en plena movida, e decidiu quedar debido a un cancro que superou con vinte dous anos.[8] Realizou os deseños dos sombreiros do filme Laberinto de Pasiones, de Pedro Almodóvar.

Instalouse en París en 1988 para realizar unha serie de polaroids xigantes para a Fondation Cartier, e ademais pasou longas tempadas en Mallorca, onde se preparou para o nacemento da súa filla en 1990.

Recibiu o primeiro Premio Nacional de Bibliofilia en 2003 por El Cantar de los Cantares coas súas serigrafías e debuxos. Ese mesmo ano realizou en Ceutí (Murcia) un mural ao aire libre de case 300 metros cadrados denominado pola propia artista «o meu xardín metafísico», a súa única obra destas características. Foi retratada polo director de cine Rafael Gordon no filme La mirada de Ouka Leele,[2] candidato aos premios Goya en 2010 e que transcorre en gran parte en Ceutí durante a elaboración do mural.

En 2005 foille outorgado o Premio Nacional de Fotografía, o que a levou a retomar a fotografía.[3]

En 2022, recibiu a Medalla de Madrid, recoñecemento ofrecido polo concello de Madrid,[9] pero non puido acudir á entrega o pasado 15 de maio, pois xa estaba enferma de cancro. Morreu o día 24.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

Segundo as súas propias palabras, Ouka Leele entendía a fotografía como "poesía visual, unha forma de falar sen usar palabras". Foi compañeira de artistas como Javier Mariscal, Ceesepe, Alberto García-Alix ou Pedro Almodóvar.

A súa obra foi reproducida en revistas como Diorama, Photo Magazine, Telos, Dezine ou Reviste Actuel. Colaborou en case todas as edicións do festival ARCO, que alberga parte da súa obra na súa colección. Impartiu obradoiros sobre a súa especialidade en festivais, centros culturais e universidades.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1982, Axuda para Artistas Mozos do Ministerio de Cultura.
  • 1983, Premio Ícaro de Artes Plásticas, outorgado polo desaparecido periódico madrileño Diario 16.
  • 2003, Premio de Cultura da Comunidade de Madrid (categoría fotografía).
  • 2005, Premio Nacional de Fotografía.
  • 2012, Medalla de prata da Comunidade de Madrid.[4]
  • 2012, III Premio Nacional de Fotografía Piedad Isla da Deputación Provincial de Palencia.[10]
  • 2022, Medalla de Madrid.
  1. 1,0 1,1 Redacción (24 de maio de 2022 [actualizado o 25]). "Muere Ouka Leele, fotógrafa e icono de la movida madrileña". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Fernández-Santos, Elsa (24 de maio de 2022). "Muere a los 64 años la fotógrafa Ouka Leele, icono de la Movida madrileña". elpais.com (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Redacción (25/05/2022). "Muere la fotógrafa Ouka Leele a los 64 años". eldiario.es (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Redacción/EFE (24 de maio de 2022). "Muere a los 64 años la fotógrafa Ouka Leele, referente de la Movida Madrileña". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  5. Ouka Leele dice que pintar una fotografía es "un trabajo de monje cisterciense"
  6. Morales, Manuel (6 de xuño de 2021). "Ouka Leele: “Ahora hablan de poliamor, pero ya lo experimentamos en los setenta”". elpais.com (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  7. Fernández, Tomás; Tamaro, Elena (2004). "Biografia de Ouka Leele". Biografías y Vidas. La enciclopedia biográfica en línea (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  8. Míguez, Antonio (9 de xullo de 2014). "Ouka Leele: 'No me trato con Almodóvar. Está en otro mundo'". elmundo.es (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  9. Redacción/Axencias (25 de maio de 2022). "Muere Ouka Leele, la icónica fotógrafa de la movida madrileña a los 64 años". rtve.es (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  10. Europa Press (29 de outubro de 2012). "Ouka Leele, ganadora del III Premio Nacional de Fotografía »Piedad Isla»". teinteresa.es (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Álvarez, J. D. (2006): Esa luz cuando justo da el sol. Biografía de Ouka Leele. Neverland Ediciones.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]