Saltar ao contido

Orientia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orientia

Orientia tsutsugamushi
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rickettsiales
Familia: Rickettsiaceae
Xénero: Orientia
Especies

Ver texto

Orientia é un xénero de bacterias pertencente á familia Rickettsiaceae, que comparte co xénero Rickettsia.

Está formado por bacterias parasitas intracelulares obrigadas gramnegativas (en canto á estrutua da parede, pero tínguense mal), que se encontran en artrópodos e mamíferos. A especie O. tsutsugamushi é o axente patóxeno da febre tsutsugamushi ou enfermidade fluvial do Xapón,.[1] que se transmite por medio das larvas dos ácaros trombicúlidos Leptotrombidium, que parasitan roedores.[2]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O xénero Orientia e a súa única especie Orientia tsutsugamushi, (Tamura, 1995) foron propostos para reclasificar a bacteria antes denominada Rickettsia tsutsugamushi.[3]

A diferenciación desta especie con respecto ao xéenro Rickettsia baséase en criterios xenéticos (o ARNr 16S de O. tsutsugamushi presenta só unha homoloxía do 90% co de Rickettsia prowazekii, especie tipo do xénero Rickettsia), en criterios antixénicos e estruturais da parede celular e da cápsula lipopolisacarídica externa (a diferenza de Rickettsia sp., Orientia tsutsugamushi non posúe nin ácido murámico nin glicosamina nin tampouco ácido 2-ceto-3-desoxioctónico ou ácidos graxos hidroxilados). A parede celular non ten peptidoglicano e presenta unha forte asimetría, coa capa externa máis grosa que a interna (o contrario ocorre en Rickettsia).[3]

O. tsutsugamushi pode cultivarse en sacos de xema de ovos embrionados de polo e en varios liñas celulares de cultivo, como HeLa, BHK, Vero, e L929. A bacteria pode saír do seu hóspede por un proceso de evaxinación da membrana plasmática da célula hóspede.[3]

  1. Odorico, Dimitri; Stephen R. Graves, Bart Currie, Julian Catmull, Zoltan Nack, Sharon Ellis, Ling Wang, and David J. Miller (4 de decembro de 1998). "New Orientia tsutsugamushi Strain from Scrub Typhus in Australia". Emerg Infect Dis. doi:10.3201/eid0404.980416. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2011. Consultado o 25 xullo 2013. 
  2. Pham XD, Otsuka Y, Suzuki H, Takaoka H (2001). "Detection of Orientia tsutsugamushi (Rickettsiales: Rickettsiaceae) in unengorged chiggers (Acari: Trombiculidae) from Oita Prefecture, Japan, by nested polymerase chain reaction". J Med Entomol 38 (2): 308–311. doi:10.1603/0022-2585-38.2.308. PMID 11296840.
  3. 3,0 3,1 3,2 Tamura A, Ohashi N, Urakami H, Miyamura S. Classification of Rickettsia tsutsugamushi in a new genus, Orientia gen. nov., as Orientia tsutsugamushi comb. nov. Int J Syst Bacteriol. 1995 Jul;45(3):589-91. sgmjournals.org Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.