Saltar ao contido

O final do camiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O final do camiño
FormatoHistórico, aventuras
Creado porMiguel Calatayud
IntérpretesAntonio Velázquez
Asier Etxeandia
Javier Rey
Begoña Maestre
Cristina Castaño
Guillermo Barrientos
Jaime Olías
Manuel de Blas
Juan Fernández
Ismael Martínez
Maxi Iglesias
Lingua(s)Castelán e Galego
Temporadas1
Episodios8 (Lista de episodios)
Produción
Duración75 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1 e TVG
Primeiro episodio11 de xaneiro de 2017
Derradeiro episodio1 de marzo de 2017
Na rede
IMDB: tt5954824 Filmaffinity: 278531 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O final do camiño é unha serie de televisión de Voz Audiovisual para La 1 de TVE[1] e TVG,[2] dirixida por Miguel Alcantud. Está protagonizada por Antonio Velázquez, Asier Etxeandía, Javier Rey, entre outros. A súa estrea foi o 11 de xaneiro de 2017.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Ambientada na Galicia no século XI, a serie recrea a construción da catedral de Santiago de Compostela a través das vivencias de tres irmáns afincados na cidade galega. Como contexto, personaxes históricos interveñen tamén na trama, como é o caso do rei Afonso VI de León ou a súa esposa Constanza de Borgoña.[3]

Polémica sobre a historicidade

[editar | editar a fonte]

O catedrático de Xeografía e Historia Daniel López Muñoz puxo de relevo tras a estrea da serie a súa terxiversación e as múltiples inexactitudes históricas, que a xuízo deste supoñen unha "escandalosa ocultación da existencia do reino medieval de Galicia".[4]

Así mesmo, o historiador e crítico literario Francisco Rodríguez Sánchez sinalou as mesmas deficiencias e engadiu:[5]:

"... o que non resulta aceptábel é, con plena conciencia e intención, adaptar o pasado ás conveniencias ou obxectivos que, no presente, teñen os grupos e a ideoloxía dominantes ou os Estados e os seus aparatos propagandísticos [...] a idea que se intenta transmitir é que España, como realidade política, sempre existiu, ou tivo sempre vocación de existencia política, vinculada á idea de reconquista e á relixión católica.

Pola súa banda, o historiador e etnógrafo Xosé María Lema Suárez fíxose eco dos seus colegas e referiuse ás carencias da serie nun artigo publicado co título "A ocultación e marxinación do reino medieval de Galicia vai 'in crescendo' na serie do Final do camiño".

A teleserie tamén recibiu críticas fóra de Galicia por outros motivos,[6] como o tratamento dado aos árabes:

Abusa de estereotipos (no hay árabe bueno) y tiene carencias derivadas de los ajustados presupuestos y licencias que llaman la atención

Tamén se ten sinalado que, na mesma liña de falta de rigor histórico, ao contrario do que acontece na serie, "dona Constanza non era infiel a Afonso VI e este non era un bruto ignorante" ou que "a futura reina Urraca non nacera en 1075".[7] A crítica cinematográfica María José Arias sinalou como principais eivas do capítulo inaugural os "serios probleas coas elipses temporais" e os "buracos de guión, narrativa e desenvolvemento".[8]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

1ª tempada

[editar | editar a fonte]

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
Colaboradores especiais
[editar | editar a fonte]

Episodios

[editar | editar a fonte]

Primeira tempada (2017)

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota
1 8 11 de xaneiro de 2017 1 de marzo de 2017 1 392 000 8,4%
N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Director (es) Data de emisión Audiencia [9]
11 "Bienvenidos a Compostela" Miguel Alcantud11 de xaneiro de 20172 170 000 (13,0%)
22 "Héroes anónimos" Miguel Alcantud18 de xaneiro de 20171 626 000 (9,8%)
33 "Dos días" Óscar Pedraza25 de xaneiro de 20171 312 000 (7,5%)
44 "Rebelión" Óscar Pedraza1 de febreiro de 20171 291 000 (7,8%)
55 "La libertad de los hombres" Miguel Conde8 de febreiro de 20171 303 000 (8,1%)
66 "Libertad" Miguel Conde15 de febreiro de 20171 154 000 (7,1%)
77 "El final de un futuro rey" Miguel Alcantud e Miguel Conde22 de febreiro de 20171 147 000 (7,0%)
88 "La catedral de Santiago" Miguel Alcantud e Miguel Conde1 de marzo de 20171 132 000 (7,1%)
  1. Las aventuras de la serie «El final del camino» llegan mañana a TVE y TVG. La Voz de Galicia. 11 de xaneiro de 2017.
  2. "TVG estrea hoxe a serie 'O final do Camiño'". CRTVG. 11 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  3. "TVE se aventura en Galicia con El final del camino". El Mundo. 11 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  4. De novo a ocultación do Reino de Galicia, na serie “El final del Camino / O final do Camiño, Irimia (nº 961, 23-30) de febreiro de 2017.
  5. O final do camiño Arquivado 25 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., Terra e Tempo, 24 de xaneiro de 2017.
  6. Natalia Marcos ‘El final del camino’ se queda a medias, El País, 12 de xaneiro de 2017 (en castelán).
  7. Duras críticas á serie El Final del Camino por ocultar e “españolizar” o Reino de Galicia, Historiadegalicia.gal 24 de xaneiro de 2017.
  8. 'El final del camino' tropieza una y otra vez con las mismas piedras, Público, 10 de xaneiro de 2017 (en castelán).
  9. Fórmula TV (ed.). "El final del camino - Audiencias". Kantar Media. Consultado o 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]