Saltar ao contido

Numismatic Guaranty Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NGC
Numismatic Guaranty Corporation

Moeda encapsulada con certificación da
Numismatic Guaranty Corporation


TipoCompañía privada.
Fundación1987, Parsippany Nova Jersey.
MatrizCertified Collectibles Group.
LocalizaciónSarasota, Florida
Estados Unidos de América Estados Unidos
ProdutosCertificación numismática.
Na rede
http://www.ngccoin.com/
Facebook: NGCcoin Twitter: NGCcoin Instagram: ngccoins Youtube: UCqRyAYkQNVGHF5G4j9LCMVQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Numismatic Guaranty Corporation (NGC) é unha compañía privada estadounidense con base en Sarasota, Florida, que ofrece un servizo internacional de certificación de moedas.

NGC forma parte do grupo Certified Collectibles Group (CCG), que posúe cinco servizos de certificación de obxectos de colección.[1][2]

Numismatic Guaranty Corporation fundouse en 1987 en Parsippany, Nova Jersey, como unha das primeiras empresas independentes de clasificación de moedas de terceiros. En 1995, NGC foi escollida pola American Numismatic Society (ANA) como o seu provedor oficial de servizos de certificación.[3] En 2002, a compañía cambiou a súa sede a Sarasota, en Florida, e ese mesmo ano foi nomeada tamén como certificadora oficial do Gremio de Numismáticos Profesionais (Professional Numismatists Guild –PNG–) dos Estados Unidos.[4][5][6]

En 2006, NGC cambiou novamente a súa sede, dentro da mesma cidade, a un edificio de máis de 5.500 metros cadrados dotado das necesarias medidas de seguridade, que tamén acolleu as restantes compañías certificadoras do grupo: Numismatic Conservation Services (NCS), Paper Money Guaranty (PMG), Certified Guaranty Company (CGC) e Classic Collectible Services (CCS).[1][2]

Michael "Miles" Standish, un dos fundadores de NGC

Ademais da súa sede central, NGC ten sucursais situadas en Hong Kong, Shanghai, Múnic e Londres.[7]

Certificación NGC

[editar | editar a fonte]

A certificación NGC consiste na autenticación, a clasificación segundo o estado de conservación, a atribución e a encapsulación en soportes de plástico transparentes. O seu ámbito de actuación abrangue a maioría das moedas, fichas privadas e medallas antigas, tanto estadounidenses coma de calquera parte do mundo, e as tarifas por estes servizos varían en función do valor das pezas, así como dos tempos de resposta e dos servizos adicionais que se poidan requirir. NGC leva certificadas preto de 47 millóns de moedas.[8][9]

A certificación NGC ofrece garantía contra a falsificación e contra a atribución incorrecta, e acerca do estado de conservación, mais non determina o valor das pezas certificadas.[1]

A súa escala baséase nunha escala baseada en 70 puntos establecida polo psicólogo e numismático norteamericano William Sheldon, coñecida como escala "Sheldon". Porén, as moedas limpadas, raiadas ou deterioradas, aínda que poden ser tamén encapsuladas, non reciben unha cualificación numérica, senón un comentario verbal.[1]

Cada moeda sometida á certificación NGC é examinada por, polo menos, dous examinadores, e todos os empregados da compañía teñen prohibida a adquisición das pezas sometidas a exame, para así reducir a posibilidade de que xurdan conflitos de intereses. A garantía da certificación implica a compensación económica, no caso de erros de avaliación que leven consigo desaxustes na valoración económica das pezas certificadas.[1][4][10]

A etiqueta NGC amosa os datos descritivos da moeda, así como a súa variedade, o grao de conservación, a súa rastrexabilidade (se se coñece) e outros datos, e asígnalle á peza un número de serie.[4][11]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Travers, S. A. (2010). The Coin Collector's Survival Manual. 7ª ed. House of Collectibles, Nova York. Páxina 432. ISBN 978-0375723391
  2. 2,0 2,1 "About us". Certified Collectibles Group.
  3. "The American Numismatic Association". NGCcoin.com
  4. 4,0 4,1 4,2 "About NGC". NGCcoin.com
  5. "The Professional Numismatists Guild". NGCcoin.com
  6. "PNG Reappoints NGC, NCS and PMG as its Official Grading and Conservation Services Arquivado 23 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". PNGdealers.org
  7. "NGC International Locations". NGCcoin.com
  8. Starck, Jeff. (2015). "NGC grading room confidential". En Coin World. 10 de abril.
  9. NGC (2015). "NGC expands ‘plus’ designation to world coins". En Coin World. 3 de marzo.
  10. "The NGC coin grading system". NGCcoin.com
  11. "NGC Unveils New Holder Design". NGCcoin.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]