Saltar ao contido

Neopositivismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Neo-positivismo»)
Moritz Schlick, fundador do Círculo de Viena.

O neopositivismo tamén coñecido como empirismo lóxico, neoempirismo ou positivismo lóxico é unha das máis importantes correntes filosóficas que xorde durante o primeiro terzo do século vinte, ao redor do grupo de científicos e filósofos que formaron o coñecido Círculo de Viena.

Círculo de Viena

[editar | editar a fonte]

O círculo de Viena foi un organismo científico e filosófico formado por Moritz Schlick en Viena, no ano 1922 e disolto en 1936. Este movemento ocupábase principalmente da lóxica da ciencia, considerando a filosofía como unha disciplina encargada de distinguir entre o que é ciencia e o que non e da elaboración dunha linguaxe común a todas as ciencias.

Características do Neopositivismo

[editar | editar a fonte]

O Neopositivismo caracterízase pola súa oposición a metafísica pero diferenciase do positivismo pola súa orientación lóxica e lingüística, por iso algúns autores sinalan que non está lonxe do idealismo. Dende o punto de vista desta corrente a análise filosófica non se fai extensiva aos obxectos reais, debe limitarse ao dado, é dicir a experiencia inmediata na linguaxe.

Os empiristas lóxicos intentaron ofrecer unha visión xeral da ciencia que abarcaba principalmente os seus aspectos gnoseolóxicos e metodolóxicos, talvez a súa tese máis coñecida é a que sostén que un enunciado é significativo só se posúe un método de verificación empírica ou é analítico, tese coñecida como "do significado por verificación". Os enunciados da ciencia empírica cumpren co primeiro requisito mentres que só os de lóxica e matemáticas cumpren o segundo. Os enunciados filosóficos non cumpren con ningún dos dous requisitos, así que a filosofía, como tal, debe pasar de ser un suposto corpo de proposicións a un método de análise lóxico dos enunciados da ciencia.

As posicións dos empiristas lóxicos respecto dalgúns temas claves da filosofía da ciencia (a orixe do sentido dos enunciados, a posta a proba das teorías, o concepto e explicación científica e a unidade da ciencia, entre outros) coñécense co nome colectivo e "concepción herdada".

O positivismo lóxico foi un movemento sen un conxunto fixo de doutrinas. Os positivistas lóxicos levaron a cabo unha ampla gama de puntos de vista sobre moitos asuntos. Porén, todos estaban interesados na ciencia e eran escépticos respecto da teoloxía e a metafísica. Propuxeron que todo coñecemento baséase na inferencia lóxica a partir de simples <<cláusulas protocolarias>> baesado en feitos observables. Moitos positivistas lóxicos apoiaron as formas de materialismo, naturalismo metafísico e o empirismo.

Unificación da ciencia

[editar | editar a fonte]

Un enunciado na linguaxe física pode reducirse a outro na linguaxe sensorial: "aí hai unha mesa" pode reducirse a algo así como "en tal lugar e en tal momento, percibo cor café, forma rectangular...". Estes enunciados serán a base do noso coñecemento. Sendo isto así no proxecto neopositivista sería posible reducir toda a ciencia natural a enunciados protocolares.

Positivismo, filosofía analítica e metafísica

[editar | editar a fonte]

A filosofía do positivismo lóxico foi quizais unha das máis influentes durante a primeira metade do século XX, xunto á metafísica continental alemá e francesa. Aínda que o positivismo lóxico foi rexeitado nos seus mesmos termos, a súa influencia perdurou no que se coñece como filosofía analítica.

Porén, crer que a filosofía analítica contemporánea é positiva, é un grande erro. Posteriormente viuse a necesidade de formular teorías metafísicas/ontolóxicas e éticas, pero, para evitar sensentidos agora escudadas coa poderosa arma da lóxica. Aínda hoxe sobrevive a ruptura entre filosofía analítica e filosofía continental e non se ve unha maneira de resolvela.

Neopositivistas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]