Saltar ao contido

Museo de Orsay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo de Orsay
Na rede
https://www.musee-orsay.fr
Facebook: museedorsay Twitter: MuseeOrsay Instagram: museeorsay LinkedIn: musee-d'orsay Youtube: UCXTRjVOyW2p9pWGuJS1GCLg BNE: XX144415 Musicbrainz: d2a2b2b1-2ec0-4abe-91ba-83afadf35457 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O museo de Orsay é un museo nacional situado en París, na Rive gauche (beira esquerda) do río Sena, no VII arrondissement (Distrito VIIº). Nel figura, principalmente, arte do mundo occidental de 1848 a 1914: pintura, escultura, arquitectura etc.

Situación

[editar | editar a fonte]

Rue de la Légion d'Honneur, 1 ; 75343 París. Metro liña 12, estación: Solferino

Colocado na antiga estación ferroviaria da Gare d'Orsay (1898), foi inaugurado en 1986. A súa construción orixinal é do arquitecto Victor Laloux, foi reconfigurada (1983-1986) polos arquitectos Renaud Bardon, Pierre Colboc, Jean-Paul Philippon gañadores do concurso de arquitectura de 1979, aos que se uniu o arquitecto interiorista Gae Aulenti.

Interior do Museo de Orsay

As coleccións

[editar | editar a fonte]

As coleccións do museo de Orsay proveñen esencialmente de tres institucións: o museo do Louvre para obras de artistas nacidos a partir de 1820, ou que emerxen ao mundo artístico coa Segunda República Francesa; o museo de Jeu de Paume (Xogo de Pelota) que fora dedicado ao impresionismo desde 1947; e o museo nacional de Arte Moderna para obras máis recentes. Esas ricas coleccións, acrecentadas por inúmeras doazóns e legados, cobren todos os dominios das artes plásticas e artes aplicadas: a pintura, a escultura, variados obxectos de arte e as creacións gráficas, así como mobiliario, arquitectura e fotografía. A política de adquisicións do museo de Orsay está vertebrada cara a obtención de obras importantes e testemuñas máis modestas, que permitan enriquecer ou completar os fondos da colección consolidada.

Directores

[editar | editar a fonte]