Saltar ao contido

Muralla de Antonino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMuralla de Antonino
Imaxe
Tipositio arqueolóxico romano Editar o valor en Wikidata
EpónimoAntonino Pío Editar o valor en Wikidata
Parte defronteiras do Imperio Romano
Limes Britannicus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEscocia, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°58′01″N 4°04′01″O / 55.967, -4.067
Composto por
Características
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1987 (11ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador430-008
Monumento planificado
Bar Hill Roman fort (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data2 de marzo de 1961
Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación142 Editar o valor en Wikidata

A Muralla de Antonino (tamén chamada Muro Antonino ou Muro de Antonino) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erixida por Quinto Lolio Urbico, gobernador de Britania, por mandato do emperador romano Antonino Pío entre os anos 140-142,[1] a uns 160 km ó norte da súa antecesora, a muralla de Hadrián. Estendíase durante 58 quilómetros dende o estuario de Forth, na costa oriental da illa sobre o mar do Norte, ata o golfo de Clyde, na costa occidental sobre o mar de Irlanda, ó longo da liña dos antigos fortes construídos por Cneo Xulio Agrícola. Foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade en 2008[2] como parte das "Fronteiras do Imperio Romano".

Resto dun forte romano do Muro Antonino en Barr Hill.

O motivo da creación desta fronteira fortificado foi adiantar as posicións defensivas romanas, ó considerar que a provincia de Britania era xa segura, para así garantir a súa defensa, e de paso someter ás tribos hostís que vivían entre ambas murallas, nas terras altas da Caledonia meridional. Estas tribos dos pictos constituían unha importante ameaza pola súa hostilidade, ante o cal as súas terras foron asoladas e un gran número dos seus habitantes apreixados e deportados a Xermania.

A muralla non era tan sólida como a de Hadrián xa que estaba formada por un muro de turba e tierra esmagada no canto de pedra, aínda que tiña un foxo maior ca a primeira e contaba ademais con 19 fortes e un sendeiro militar na súa parte meridional. Porén, a fortificación abandonouse trala morte do emperador Antonino Pío, cara ao 162, volvendo progresivamente as tribos do norte a baixar. Á morte do emperador Cómodo, posiblemente no ano 196 ou 197, cando o gobernador Clodio Albino retirou gran parte da súa gornición ó proclamarse emperador e desprazarse a Lugdunum (a actual Lión), as tribos do norte protagonizaron un grande ataque sobre as fronteiras romanas na illa, o que levou en 208 ó emperador Septimio Severo a restablecer lexións na muralla de Antonino, ordenando reparalo.

  1. Robertson, Anne S. (1960) The Antonine Wall. Glasgow Archaeological Society. p. 7.
  2. Inscricións do 2008