Mulan
Aparencia
Mulan | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mulan |
Director | Tony Bancroft Barry Cook |
Produtor | Pam Coats |
Guión | Robert D. San Souci Rita Hsiao Philip LaZebnik Chris Sanders Eugenia Bostwick-Singer Raymond Singer |
Intérpretes | Ming-Na Eddie Murphy BD Wong Miguel Ferrer Harvey Fierstein Beth Fowler George Takei |
Música | Jerry Goldsmith Matthew Wilder David Zippel |
Montaxe | Michael Kelly |
Estudio | Walt Disney Feature Animation |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 1998 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Infantil, Comedia |
Orzamento | $70 000 000[1] |
Recadación | $304 300 000 |
Filme seguinte | Mulan II |
Na rede | |
https://movies.disney.com/mulan | |
Mulan é un filme de animación de Disney dirixido por Tony Bancroft e Barry Cook que se estreou no 1998. O filme baséase na lenda chinesa de Hua Mulan.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Mulan, unha rapaza chinesa filla única da familia Fa, en lugar de buscar noivo, como as súas amigas, trata por tódolos medios de alistarse no exército imperial para evitar que o seu ancián pai sexa chamado a filas para defender ó Emperador do acoso dos Hunos. Cando o emisario imperial leva a cabo a orde de recrutar ós homes de tódalas familias, Mulan faise pasar por soldado e sométese a un duro adestramento ata facerse merecedora do aprecio e da confianza do resto do seu batallón.
Personaxes
[editar | editar a fonte](Voces de dobraxe)
- Ming-Na como Fa Mulan
- Eddie Murphy como Mushu
- BD Wong como Capitán Li Shang
- Miguel Ferrer como Shan Yu
- Harvey Fierstein como Yao
- Gedde Watanabe como Ling
- Jerry Tondo como Chien-Po
- James Hong como Chi-Fu
- Soon-Tek Oh como Fa Zhou
- June Foray como Avoa Fa
- Pat Morita como O emperador da China
- George Takei como Primeiro Antergo
- Freda Foh Shen como Fa Li
- James Shigeta como Xeneral Li
- Frank Welker como Cri-Kee, Khan (cabalo de Mulan), e Pequeno Irmán (can de Mulan
- Mary Kay Bergman como Varios Antergos
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1998: Nomeada ó Oscar: Mellor BSO para película de comedia.
- 1998: 2 nomeamentos ós Globos de Ouro: Mellor BSO, mellor canción orixinal.
- 1998: 10 premios Premios Annie, incluíndo mellor película, dirección, guión. 12 nomeamentos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)