Mosteiro de Alcobaça
Mosteiro de Alcobaça | |
---|---|
Mosteiro de Alcobaça | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, IV |
Inscrición | 1989 (13ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 505 |
O Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça, tamén coñecido como Real Abadía de Santa Maria de Alcobaça ou sinxelamente como Mosteiro de Alcobaça, é a primeira obra plenamente gótica erguida en chan portugués. Foi comezado en 1178 polos monxes do Císter, e continuado entre os séculos XIII e XVI. Está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e como Monumento Nacional, dende 1910, IPPAR.[1][2] O 7 de xullo de 2007, foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal. En 1834, os monxes foron forzados a abandonar o mosteiro, por mor do decreto de supresión de tódalas ordes relixiosas de Portugal, promulgado por Joaquim António de Aguiar, ministro dos negocios eclesiásticos e da xustiza do goberno da rexencia de Pedro, Duque de Bragança.
Sepulcro da rainha póstuma de Portugal
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Inés de Castro.
Inés de Castro Cando Pedro I de Portugal ascendeu ao trono en 1357, após executar coas súas propias mans a dous dos asasinos de Inés, probabelmente a instancias do seu pai Afonso IV, afirmou que casara en segredo con ela. Ordenou que a enterrasen xunto a el, na igrexa do Mosteiro de Alcobaça, e encargou a construción dos seus sepulcros. En 1362, o corpo de Inés foi exhumado e transportado nun cortexo fúnebre desde Coimbra até Alcobaça, onde foi coroada raíña de Portugal, e enterrada para descansar alí en paz.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Patrimonio de Portugal". Instituto de Gestão do Património Arquitectónico e Arqueológico.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Centro del Patrimonio Mundial -". UNESCO World Heritage Centre (en castelán). Consultado o 2023-06-25.
- ↑ López, Víctor (2022-10-14). "Inés de Castro, a galega que reinou despois de morta". GCiencia. Consultado o 2023-06-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Alcobaça |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Maria Augusta Pablo Trindade Ferreira. Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça. ELO-IPPAR. 2nd edition, 1993. (en portugués)