Saltar ao contido

Mosaic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Captura de pantalla de Mosaic 2.7b6.

Mosaic foi o segundo navegador web gráfico, deseñado por un equipo dirixido por Marc Andreessen no National Center for Supercomputing Applications (NCSA) para o X Window System de UNIX. A versión 1.0 saíu o 22 de abril de 1993. A versión 2.0 saíu en decembro de 1993 xunto ás versións 1.0 para Apple Macintosh e Windows. Oficialmente deixou de desenvolverse o 7 de xaneiro de 1997.

Mosaic tivo un éxito rápido pola súa interface gráfica, pola súa facilidade de uso centrado no uso do rato e a utilización de gráficos e botóns para as funcións.