Montilla
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Córdoba | |||
Capital | Montilla | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 22.298 (2023) (132,33 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 168,5 km² | |||
Altitude | 371 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | São Francisco Solano (pt) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 14550 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 14042 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | montilla.es | |||
Montilla é unha vila andaluza, con concello propio, pertencente á provincia de Córdoba. En 2001 a poboación do municipio alcanzaba 22.925 habitantes, sobre unha área de 167 km².
Situación
[editar | editar a fonte]Montilla está situada a uns 372 metros de altura, e a 49 km ao sur da capital provincial, Córdoba. A parte meridional do concello está accidentado polas alturas da serra de Montilla. O concello limita polo noroeste co de La Rambla; a nordeste co de Castro del Río; ao sur cos de Cabra e Aguilar.
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura é a base produtiva. Vides e oliveiras son as plantas básicas, en especial a primeira. Montilla, xunto coa vila próxima de Moriles, é famosa polos seus viños semi-xenerosos (finos) e xenerosos e, mesmo aínda os viños, que adquiren condicións semellantes, acostuman denominarse en España "amontillados".
Patrimonio artístico e cultural
[editar | editar a fonte]- Casa do Inca Garcilaso de la Vega (1539-1610), que viviu aquí.
- Convento de Santa Ana, dos séculos XVI-XVII.
- Convento de Santa Clara, de 1512, de estilo mudéxar.
- Igrexa de San Sebastián, do século XVI, de estilo gótico-mudéxar
- Convento de Santo Agostiño, dos séculos XVI-XVII.
- Igrexa de Santiago, barroca do XVII, con torre de 1789.
- Igrexa de San Luís, do século XVII.
- Igrexa da Encarnación, do século XVIII.
- Museo do Viño, nas ruínas do antigo castelo dos Fernández de Córdoba.
Festas
[editar | editar a fonte]- Velada de San Sebastián, na noite do 20 de xaneiro,
- Festa da Cruz de Maio, o día 3 de maio,
- Feira de San Francisco Solano, o 14 de xullo,
- Festa da Vendima, a comezos de setembro.
Como en toda Andalucía, a Semana Santa goza de grande esplendor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montilla |
- Montilla no SIMA - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Xunta de Andalucía