Monotremos
Monotremos ou monotremados Monotremata Rango fósil: Xurásico inferior[1] – Holoceno | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Equidna de fociño curto | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subordes, Familias e Xéneros actuais | |||||||||||||||||||||
|
Os monotremos,[2] ou monotremados,[3] é unha orde de mamíferos, a única da subclase dos prototerios.[4] os únicos con reprodución ovípara. Están moi pouco estendidos, tan só nalgunhas zonas do continente de Oceanía, en Australia, Papúa-Nova Guinea e Tasmania.
A orde inclúe as especies actuais de mamíferos máis primitivas, que teñen diversas características reptilianas, como a reprodución ovípara (son os únicos mamíferos que poñen ovos), e a presenza de cloaca, orificio onde conflúen os tractos dixestivo, urinario e reprodutor; o seu nome fai referencia a esta característica e significa "un só orificio". Existen poucas especies de monotremos; entre elas, son ben coñecidos o ornitorrinco e os equidnas.
Inclúense nos mamíferos debido a que as crías son aleitados, por medio dunhas glándulas mamarias parecidas ás sudoríparas, entre outras características propias deste tipo de animais: gran presenza de pelo, sangue quente etc.
Durante moito tempo, os monotremos estiveron clasificados como un grupo de réptiles cubertos de pelo, até que despois de 200 anos identificáronse inequivocamente como mamíferos, pois neles se encontran todas as características que definen a clase:
- A súa pel está cuberta de pelo.
- Producen leite para alimentar ás crías acabadas de nacer, aínda que as glándulas mamarias non se dispoñen en mamas como no resto dos mamíferos, senón que desembocan en dous campos mamarios situados a ambos os lados do abdome, na base dos pelos.
- Presentan tres ósos no oído medio.
- Posúen diafragma.
- O seu corazón está dividido en catro cavidades, aínda que a separación entre a aurícula e o ventrículo dereitos é incompleta.
- Son homeotermos, pero con certas limitaciones, oscilando a súa temperatura entre 28 e 32 gaos Celsius e presentando lixeiras variacións durante o día en función da temperatura ambiental.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde foi descrita en 1837 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo científico Monotrēmata está formado polos elementos do latín científico mono-, calco do grego antigo μονο-, derivado de μόνος mónos, 'único', e -trēmat, derivado do grego antigo τρῆμα -ατος trẽma -atos, 'abertura', 'orificio', coa adición da desinencia -a, indicando plural. Literalmente, 'os que teñen un só orificio'.[5]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A orde comprende as subordes, familias, xéneros e especies seguintes: (Só se inclúen os taxons actualmente viventes)
Orde Monotremata Bonaparte, 1837
- Suborde Platypoda Gill, 1872
- Familia Ornithorhynchidae Gray, 1825
- Xénero Ornithorhynchus Blumenbach, 1800
- Ornithorhynchus anatinus (Shaw, 1799) - ornitorrinco
- Xénero Ornithorhynchus Blumenbach, 1800
- Familia Ornithorhynchidae Gray, 1825
- Suborde Tachyglossa Gill, 1872
- Familia Tachyglossidae Gill, 1872
- Xénero Tachyglossus (Shaw, 1792)
- Tachyglossus aculeatus (Shaw, 1792) - Equidna de fociño curto
- Xénero Zaglossus Gill, 1877
- Zaglossus attenboroughi Flannery & Groves, 1998 - Equidna de fociño longo de Attenborough
- Zaglossus bartoni (Thomas, 1907) - Equidna de fociño longo oriental
- Zaglossus bruijni (Peters & Doria, 1876) - Equidna de fociño longo occidental
- Xénero Tachyglossus (Shaw, 1792)
- Familia Tachyglossidae Gill, 1872
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Árbore filoxenética dos monotremas (inclúense os taxons extintos):
--o Monotremata Bonaparte, 1837 (~Prototheria Gill, 1872) |-o Kollikodontidae Flannery, Archer, Rich & Jones, 1995 (†) | `-o Kollikodon Flannery, Archer, Rich & Jones, 1995 (†) | `- K. ritchiei Flannery, Archer, Rich & Jones, 1995 (†) |-o Platypoda Gill, 1872 | `-o Ornithorhynchidae Gray, 1825 | |-o Monotrematum Pascual & al., 1992 (†) | | `- M. sudamericanum Pascual & al., 1992 (†) | |-o Obdurodon Woodburne & Tedford, 1975 (†) | | |- O. dicksoni Archer, Jenkins, Hand, Murray & Godthelp, 1992 (†) | | `- O. insignis Woodburne & Tedford, 1975 (†) | |-o Ornithorhynchus Blumenbach, 1800 | | |- O. anatinus (Shaw, 1799) | | `- O. maximus - (†) | |-o Teinolophos Rich, Vickers-Rich, Constantine, Flannery, Kool & van Klaveren, 1999 (†) | | `- T. trusleri Rich, Vickers-Rich, Constantine, Flannery, Kool & van Klaveren, 1999 (†) | `-o Steropodon Archer, Flannery, Ritchie & Molnar, 1985 (†) | `- S. galmani Archer, Flannery, Ritchie & Molnar, 1985 (†) `-o Tachyglossa Gill, 1872 |-o Kryoryctes Pridmore, Rich, Vickers-Rich & Gambaryan, 2005 (†) | `- K. cadburyi Pridmore, Rich, Vickers-Rich & Gambaryan, 2005 (†) `-o Tachyglossidae Gill, 1872 |-o Megalibgwilia Griffiths, Wells y Barrie, 1991 | `- M. ramsayi (Owen, 1884) (†) |-o Tachyglossus (Shaw, 1792) | `- T. aculeatus `-o Zaglossus Gill, 1877 |- Z. attenboroughi Flannery & Groves, 1998 |- Z. bartoni (Thomas, 1907) |- Z. bruijni (Peters & Doria, 1876) |- Z. hacketti (Glauert, 1914) (†) |- Z. harrisoni Scott & Lord, 1922 (†) |- Z. owenii (†) `- Z. robusta Dun, 1895 (†)
O clado Australosphenida foi proposto por Luo et al. (2001)[6] aínda que se deixou sen rango por non gardar a xerarquía de Linneo. Benton (2005) clasifícao como superdivisión, algúns niveis por debaixo da subclase.[7]
McKenna e Bell (1997) dividiron a orde en Platypoda e Tachyglossa, aínda que a data de diverxencia non está concretada.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hugall, A.F. et al. (2007): "Calibration choice, rate smoothing, and the pattern of tetrapod diversification according to the long nuclear gene RAG-1". Syst Biol. 56(4): 543-63.
- ↑ monotremos no dicionario da RAG.
- ↑ Adaptación no nome científico.
- ↑ 4,0 4,1 Monotremata en MSW.
- ↑ monotreme Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Memidex.
- ↑ Zhe-Xi Luo, Richard L. Cifelli & Zofia Kielan-Jaworowska (2001): "Dual origin of tribosphenic mammals". Nature 409: 53-57.
- ↑ Benton, Michael J. (2005): Vertebrate Palaeontology 3rd ed. Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05637-1.
- ↑ Monotremata Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en Mammals Species of the World (Ed. online)]
- ↑ McKenna, Malcolm & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York: Columbia University Press. ISBN 023111012X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monotremos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Monotremos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benton, Michael J. (2005): Vertebrate Palaeontology 3rd ed. Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05637-1.
- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Novak, R. M. (1999): Walker’s Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.
- Pascual, R., Goin, F. J., Bailarina, L. & Udriza Sauthier, D. E. (2002): "New data on the Paleocene monotreme Monotrematum sudamericanum, and the convergent evolution of triangulate molars". Acta Paleontologica Polonica 47 (3): 487-492.
- Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "¿Reptil, ave o mamífero", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 182–187. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., ed. (2005): Mammal Species of the World, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prototheria na Animal Diversity Web. Con ampla información, imaxes e bibliografía (en inglés).
- Monotremata na Animal Diversity Web (en inglés).