Saltar ao contido

Miryam Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiryam Gallego

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata

Páxina webmiryamgallego.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1067496 BNE: XX5584947 Editar o valor en Wikidata

Miryam Gallego, nada en Ourense en 1976, é unha actriz galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1998 licenciouse en arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático. Os seus primeiros papeis como actriz interpretounos en Galicia, facendo pequenas intervencións en series como Pratos combinados, da TVG. Máis tarde realizou papeis episódicos en series coma Policías, en el corazón de la calle, ata conseguir un papel fixo en Periodistas, onde traballou durante varias tempadas, e posteriormente na serie Lobos, con menos éxito. Dende 2009 a 2016 interpretou a Lucrecia, a Marquesa de Santillana, na serie Águila Roja de TVE.

Tamén fixo teatro e, en menor medida, cine.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É parella de Eduardo Chacón, fillo da escritora Dulce Chacón. Teñen unha filla e dous fillos en común.

Películas

[editar | editar a fonte]
  • Concursante (2006), de Rodrigo Cortés. Como Laura.
  • La voz dormida (2011), de Benito Zambrano. Como dona Amparo.
  • Águila Roja: la Película (2011) como a Marquesa de Santillana

Televisión

[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos

[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos

[editar | editar a fonte]
  • Pratos combinados (1995 - 1997) TVG.
  • Encuentros (1998), Canal Sur 1.
  • Un perro ladra en la tormenta (1999), Antena 3.
  • El comisario (2000), Telecinco.
  • Policías, en el corazón de la calle (2000), Antena 3.
  • Aída (2006), Telecinco.
  • Génesis, en la mente del asesino (2007), Cuatro.
  • El ministerio del tiempo (2017). (TVE)
  • A esmorga (1995-1997; dirixida por Ánxeles Cuña)
  • Roberto Zucco (1997; dirixido por Jesús Salgado, como A rapaza)
  • Bodas de sangre (1998; dirixida por Juan Pastor, como A noiva e A lúa)
  • Santa Cruz (1998; Compañía Teatro del Duende)
  • El Motel de los Destinos Cruzados (1999; lectura dramatizada dirixida por Raquel Toledo)
  • Combate de Negro y de Perros (1999; dirixida por Marta Riganti, como Leona)
  • Roberto Zucco (2001; como A rapaza)
  • Arsénico, por favor (2002-2003; dirixida por Gonzalo Suárez, como Elena)
  • El rey Lear (2008; dirixida por Gerardo Vera, como Cordelia)
  • Don Juan en Alcalá (2015; dirigixa por Eduardo Vasco; como Dona Inés)
  • Numancia de Miguel de Cervantes (2016; dirixida por Juan Carlos Pérez de la Fuente)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]