Miguel Salas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático |
Miguel Salas Díaz, nado en Madrid en 1977, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa familia é de Covas (Ferrol) e botou na cidade departamental gran parte da súa mocidade, logo de pasar a infancia en Madrid[1]. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e doutorouse en Teoría da literatura e Literatura comparada pola Universidade de Valladolid. Nesa mesma universidade comezou como docente antes de marchar a dar clase de español a Italia, China e Taiwán, onde vive na actualidade (2011), e onde dá clase desa lingua na Universidade Providence en Taichung
Entre as súas influencias literarias el mesmo menciona Garcilaso de la Vega, Juan de la Cruz, Francisco de Aldana, Quevedo, Bécquer, Unamuno, Antonio Machado, Luis Cernuda, Francisco Brines, Billy Collins, Wisława Szymborska e Luís Pimentel[2].
Obra
[editar | editar a fonte]- La luz (Hiperión 2007), premio de Arte Joven da Comunidade de Madrid
- Mala baba: Antología malvada de la poesía infantil española , (Hiperión 2007)
- Mitos patrióticos, apuntes sobre la formación del nacionalismo español en la literatura del siglo XX, (Universidade de Valladolid, 2010).
- Las almas nómadas, (Hiperión 2011)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Numen inest Arquivado 17 de decembro de 2011 en Wayback Machine., blog persoal de Miguel Salas.