Michael Phelps
Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland)[1], é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol. Ó longo da súa carreira bateu 39 récords mundiais de natación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos
[editar | editar a fonte]Phelps comezou a súa carreira olímpica nos Xogos de Sydney 2000 con 15 anos de idade, sen acadar ningunha medalla. Nas súas seguintes 3 participacións acadou 22 medallas nestas probas:
- Xogos de Atenas 2004: 6 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 2 bronces (200m libres, 4x100m libres).
- Xogos de Pequín 2008: 8 ouros (400m estilos, 4x100m libres, 200m libres, 200m bolboreta, 4x200m libres, 200m estilos, 100m bolboreta, 4x100m estilos).
- Xogos de Londres 2012: 4 ouros (4x200m libres, 200m estilos, 100m bolboreta, 4x100m estilos) e 2 pratas (4x100m libres, 200m bolboreta).
Trala cita de Londres, Phelps anunciou a súa retirada do deporte profesional, malia ter tan só 27 anos de idade.
Nos Campionatos Mundiais
[editar | editar a fonte]Phelps competiu en campionatos do mundo de natación entre os anos 2001 e 2011, colleitando 26 ouros, 6 pratas e 1 bronce, repartidos do seguinte xeito:
- Mundial de Fukuoka 2001: 1 ouro (200m bolboreta).
- Mundial de Barcelona 2003: 4 ouros (200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x100m estilos) e 2 pratas (100m bolboreta, 4x200m libres).
- Mundial de Montreal 2005: 5 ouros (200m libres, 200m estilos, 4x100m libres, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 1 prata (100m bolboreta).
- Mundial de Melbourne 2007: 7 ouros (200m libres, 100m bolboreta, 200m bolboreta, 200m estilos, 400m estilos, 4x100m libres, 4x200m libres).
- Mundial de Roma 2009: 5 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 4x100m libres, 4x200m libres, 4x100m estilos) e 1 prata (200m libres).
- Mundial de Xangai 2011: 4 ouros (100m bolboreta, 200m bolboreta, 4x200m libres, 4x100m estilos), 2 pratas (200m libres, 200m estilos) e 1 bronce (4x100m libres).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Michael Phelps". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael Phelps |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nadadores olímpicos dos Estados Unidos de América
- Nados en 1985
- Nados en Baltimore
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de prata polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas olímpicos en natación
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2000
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2004
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2008
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2012
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 2016